Frank A. Leach

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Frank A. Leach
Nacemento19 de agosto de 1846
Lugar de nacementoAuburn.
Nova York.
Falecemento19 de xuño de 1929 (82 anos)
Lugar de falecemento California.
Nacionalidade Estadounidense
OcupaciónEditor, xornalista e alto funcionario.
editar datos en Wikidata ]

Frank Aleamon Leach, nado en Auburn, Nova York, o 19 de agosto de 1846, e finado en California o 19 de xuño de 1929, foi un editor de prensa escrita e xornalista estadounidense, superintendente da Casa da Moeda de San Francisco (1897-1907) e director da Casa da Moeda dos Estados Unidos (1907-1909).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Frank A. Leach naceu o 19 de agosto de 1846 en Auburn, condado de Cayuga, en Nova York, fillo de Mary e Edwin Warren Leach. En 1852 trasladouse coa súa familia a Sacramento, onde o seu pai estableceu unha empresa embotelladora, e posteriormente, en 1857, a Napa, ambas en California.[1][2][3][4]

Como editor de prensa foi o fundador de xornais como o Vallejo Evening Chronicle, en 1867, e que vendeu en 1886, e tamén do Oakland Evening Enquirer, que dirixiu ata 1897.[1][2][3][4]

Leach foi tamén membro da Asemblea Estatal de California, entre 1890 e 1892,[3] polo Partido Republicano.[4]

O 1 de agosto de 1897 foi nomeado superintendente da Casa da Moeda de San Frncisco, e desde ese posto tivo que enfrontarse ao terremoto e ao posterior incencio ocorridos nesa cidade en 1906, que puxeron en risco a integridade da Casa da Moeda.[4] Leach cesou nese cargo o 19 de setembro de 1907, data en que o presidente Theodore Roosevelt, por recomendación do secretario do Tesouro, George B. Cortelyou, o nomeou director da Casa da Moeda dos Estados Unidos.[1][2][3][5]

En 1891 formou parte da Comisión de Ensaios dos Estados Unidos.[2]

O 1 de xullo de 1909 dimitiu da dirección da ceca pública para asumir o cargo de presidente da compañía People's Water Company nos condados californianos de Alameda e Contra Costa.[2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Leach casou o 1 de decembro de 1870 con Mary Louise Powel,[1] con quen tivo catro fillos.[2]

Faleceu en California o 19 de xuño de 1929, aos 82 anos,[3] e foi soterrado no cemiterio Mountain View, en Oakland.[6]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Frank A. Leach foi autor de dous traballos monográficos:[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Who's Who in America (1908-1909). Volume 5. Páxina 1.111.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Smith, P. (2012).
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Leach, Frank Aleamon, 1846-". Snaccooperative.org
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "Recollections of a newspaperman; a record of life and events in California". Library of the Congress.
  5. "Mint Director Appointed; Frank A. Leach, at Present Superintendent in San Francisco". En New York Times. 9 de xullo de 1907.
  6. "Frank Aleamon Leach Sr.". Findagrave.com
  7. "Leach, Frank Aleamon 1846-1929". WorldCat Identities.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Predecesor:
George E. Roberts

Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos

1907-1909
Sucesor:
Abram Andrew