Georg Wilhelm Freyreiss

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGeorg Wilhelm Freyreiss
Biografía
Nacemento12 de xullo de 1789
Frankfurt Editar o valor em Wikidata
Morte1 de abril de 1825
Nova Viçosa, Brasil
Datos persoais
País de nacionalidadealemá
Actividade
Lugar de traballo Brasil Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbotánico, zoólogo e explorador
Membro de
Obra
Abreviación dun autor en botánicaFreyr. Editar o valor em Wikidata


Georg Wilhelm Freyreiss, nado en Frankfurt o 12 de xullo de 1789, e finado en Nova Viçosa, Brasil, o 1 de abril de 1825, foi un naturalista alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como naturalista asistente viaxou a Río de Xaneiro en 1813 con Grigory Langsdorff, a quen acababan de nomear cónsul ruso no Brasil. Alí reuniuse con Lorentz Westin, o cónsul xeral sueco-noruegués, quen lle subministrou os medios necesarios para que Freyreiss viaxase e explorase o interior do país. Co xeólogo Wilhelm Ludwig von Eschwege, visitou varios lugares de Minas Gerais, durante os cales, coleccionou numerosos exemplares ornitolóxicos, entomolóxicos e botánicos.[1][2]

Desde agosto de 1815, xunto con Friedrich Sellow e o príncipe Maximilian zu Wied-Neuwied, recolleu exemplares de historia natural na provincia de Baía para varias institucións europeas. En 1818 foi nomeado profesor de zooloxía na Universidade Federal do Río de Xaneiro.[2][3]

En 1824 publicou Beiträge zur näheren Kenntniss des Kaiserthums Brasilien ("Contribucións ao coñecemento do Imperio do Brasil").[4]

Outra obra atribuída a Freyreiss é Reisen in Brasilien (Viaxe polo Brasil), un libro sobre o Brasil que se publicou moitos anos despois da súa morte (en 1968).

Honores[editar | editar a fonte]

Epónimos[editar | editar a fonte]

Os taxons co epíteto específico freyreissii honran o seu nome, sendo exemplos as especies botánicas Ophryosporus freyreissii e Paepalanthus freyreissii.[1]

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Freyr. úsase para recoñecer a Georg Wilhelm Freyreiss como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Pedro Luís Rodriues de Moraes, Sofie de Smedt & Matsh Jertson (2014): "Notes on the Brazilian plants collected by Georg Wilhelm Freyreiss". Harvard Papers in Botany 19 (1): 123–132. PDF.
  2. 2,0 2,1 Freyreiss, Georg Wilhelm (1789-1825) JSTOR Global Plants.
  3. Freyreiß, Georg Wilhelm en Allgemeine Deutsche Biographie.
  4. Most widely held works about Georg Wilhelm Freyreiss en WorldCat Identities.
  5. Freyr. – Georg Wilhelm Freyreiss (1789-1825) no IPNI.