Noite de reis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Twelfth Night")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Noite de reis
Twelfth Night F1.jpg
Primeira páxina da edición publicada en 1623.
Título orixinalTwelfth Night
Autor/aWilliam Shakespeare
OrixeInglaterra
LinguaInglés
ColecciónClásicos universais (Galaxia)
Tema(s)Comedia
Xénero(s)Teatro
EditorialGalicia Editorial Galaxia
Data de pub.Galicia 2003
Páxinas217
ISBN84-8288-624-X
TraduciónMiguel Pérez Romero

Noite de reis[1] (en inglés: Twelfth Night ou Twelfth Night, or What You Will) é unha obra de comedia de William Shakespeare, que puido ser escrita arredor dos anos 1601 1602 como un entretemento para a tempada de Nadal. A obra céntrase nos xemelgos Viola e Sebastian, que son separados por mor dun naufraxio. Viola (que se disfraza de Cesario) namórase do duque Orsino, que á súa vez está namorado da Condesa Olivia. Despois de coñecer a Viola, a condesa Olivia namórase dela ó pensar que é un home.

A obra conta con interludios musicais que foron creados para a ocasión,[2] con elementos da trama extraídos da historia curta "Of Apollonius and Silla" de Barnabe Rich, baseada na historia de Matteo Bandello. A primeira representación rexistrada foi a do 2 de febreiro de 1602, no día da Candeloria, o remate formal do ano segundo o calendario cristián. A obra non foi publicada até a súa inclusión en First Folio en 1623.

Foi traducido ó galego por Miguel Pérez Romero e foi publicado por Editorial Galaxia no ano 2003.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Noite de reis. Traducido por Miguel Pérez Romero (1ª ed.). Vigo: Editorial Galaxia. 2003. ISBN 84-8288-624-X – vía BiTraGa. 
  2. Thomson, Peter (1983). Shakespeare's Theatre. Londres: Routledge & Kegan Paul. p. 94. ISBN 0710094809. OCLC 9154553. Shakespeare, having tackled the theatrical problems of providing Twelfth Night with effective musical interludes, found his attitude toward his material changed. An episodic story became in his mind a thing of dreams and themes.