Geococcyx velox

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Geococcyx velox
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Cuculiformes
Familia: Cuculidae
Xénero: Geococcyx
Especie: G. velox
Nome binomial
'Geococcyx velox'
Wagner, 1836
Área de distribución da especie en verde (México e Centroamérica)
Área de distribución da especie en verde (México e Centroamérica)

Área de distribución da especie en verde (México e Centroamérica)

O Geococcyx velox é, probabelmente, a especie de Geococcyx menos coñecida.

Visión frontal do Geococcyx velox.

Descrición e hábitat[editar | editar a fonte]

O Geococcyx velox é semellante ao Geococcyx californianus, mais lixeiramente de menor tamaño, coa gorxa e o peito menos estriado e a parte inferior máis beixe[1]. Adoita medir uns 46 cm.[2]

Vive en zonas áridas de até 3000 metros de altitude e pode habitar tanto en áreas abertas de mato e de arbustos espiñentos como en terras cultivadas.[3] Pode albiscarse no oeste de México, entre Sonora e Chiapas, e desde o Iucatán até Guatemala, O Salvador, Honduras e o noroeste de Nicaragua.[1]

Comportamento e alimentación[editar | editar a fonte]

Aliméntase principalmente de insectos que caza ao sol do mesmo xeito que o Geococcyx velox.[3]

Adoita construír os niños en árbores de baixa altura, en arbustos ou en cactos do xénero Opuntia. As súas niñadas adoitan ser de entre tres e catro ovos brancos que miden uns 35 x 26 mm.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Howell, Steve N. G. (1995). A guide to the birds of Mexico and northern Central America. Oxford: Oxford University Press. OCLC 28799888. 
  2. CRC handbook of avian body masses (segunda ed.). Boca Raton: CRC Press. 2008. OCLC 144331624. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Handbook of the birds of the world. Barcelona: Lynx Edicions. ©1992-©2013. OCLC 861071869.