Gaslighting

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O gaslighting é un tipo de abuso psicolóxico en que se fai que alguén cuestione a súa propia realidade.[1] Consiste en negar a realidade, dar por sucedido algo que nunca aconteceu ou presentar información falsa. O obxectivo é facer que a vítima dubide da súa memoria, da súa percepción ou mesmo da súa cordura.[2] Pode consistir en negacións simples por parte da persoa abusadora ou mesmo na escenificación de situacións estrañas co fin de desorientar a vítima.

Orixe[editar | editar a fonte]

Ingrid Bergman na película Gaslight (1944)

O termo provén da obra de teatro Gas Light, de 1938, escrita polo inglés Patrick Hamilton. Fixéronse dúas adaptacións cinematográficas en 1940 e 1944.

Un home tenta convencer a súa muller de que está tola. Para iso manipula pequenos obxectos da súa contorna e insiste constantemente en que está equivocada ou que padece lagoas mentais cada vez que ela menciona eses cambios. O termo alude ás lámpadas de gas que o marido usa no faiado mentres busca o tesouro escondido. A muller repara en que o resto das luces da casa perden intensidade sen ningunha causa lóxica, pois o marido faille crer que saíu.

Uso[editar | editar a fonte]

O termo vénse usando coloquialmente desde a década de 1970 para describir os esforzos de manipular o sentido de realidade dunha persoa. Nun libro de 1980 sobre o abuso infantil, Florence Rush mencionou a adaptación de 1944 de George Cukor e escribiu que «mesmo hoxe, a palabra gaslight é usada para describir o intento de alguén de destruír a percepción da realidade doutra persoa».[3] O termo foi popularizado no libro Gaslighting: How to Drive Your Enemies Crazy de Victor Santoro, publicado en 1994, que expón tácticas ostensibelmente legais para manipular a outras persoas.

Na política[editar | editar a fonte]

O termo gaslighting tende a ter unha maior efectividade cando a persoa abusadora se atopa nunha posición de poder.[4]

O termo tense usado para describir casos de personaxes, tanto na política coma en medios de comunicación. Velaquí algúns casos:

  • As relacións exteriores de Rusia teñen sido descritas con este termo. O exército ruso negaba continuamente as manobras en Crimea en 2017 e manipulaba no seu beneficio propio a desconfianza entre os partidos políticos.[5]
  • Nos EUA adoitaba empregarse o termo no ámbito xornalístico para describir os movementos de Donald Trump durante a campaña electoral de 2016, e tamén durante a súa lexislatura.[6][7][8][9][10]
  • Tamén se empregou para describir as técnicas de acoso psicolóxico empregadas na República Democrática Alemá nas décadas de 1970 e 1980. Eran parte da Zersetzung ("tortura psicolóxica") exercida pola Stasi (a policía secreta), unha política destinada a paralizar a capacidade da xente "hostil" (politicalmente incorrecta ou rebelde) de actuar para evitar encarcerala inxustificadamente, xa que iso implicaría unha condena a nivel internacional.[11]

Na música[editar | editar a fonte]

  • A banda estadounidense Steely Dan inclúe no seu álbum Two Against Nature (2000) unha canción titulada «Gaslighting Abbie». Os músicos Walter Becker e Donald Fagen recoñeceron inspirárense no filme Gaslight de 1944, protagonizado por Charles Boyer.[12]
  • En 2010 o grupo español Sidecars lanzou a súa popular canción «Luz de gas», incluída no seu disco Cremalleras. Neste caso, o tema está relacionado maiormente co propio fenómeno e non tanto coas adaptacións cinematográficas.
  • Luís Eduardo Aute, no seu tema «Una de dos», fai alusión a este tipo de manipulación na frase «a ti no puedo hacerte luz de gas».
  • Tino Casal, na súa versión do tema «Eloise», orixinalmente cantado por Barry Ryan en 1968, describe a mortificación á que o somete Eloise: «con tanta actividad me mortificas sen piedad, y ya no puedo más, tímida luz de gas».

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "APA Dictionary of Psychology" (en inglés). Consultado o 2022-02-13. 
  2. Dorpat, T.L. (1994) "On the double whammy and gaslighting." Psychoanalysis & Psychotherapy, Vol 11(1), 1994, 91-96.
  3. Rush, Florence (febreiro de 1992). The best-kept secret: sexual abuse of children (en inglés). Human Services Institute. p. 81. ISBN 978-0-8306-3907-6. Consultado o 16 de xuño de 2011. 
  4. Simon, George (2011-11-08). "Gaslighting as a Manipulation Tactic: What It Is, Who Does It, And Why". CounsellingResource.com: Psychology, Therapy & Mental Health Resources (en inglés). Consultado o 2018-04-13. 
  5. Ghitis, Frida. "Donald Trump is 'gaslighting' all of us". CNN. Consultado o 2017-02-16. 
  6. Gibson, Caitlin (27 de xaneiro de 2017). "What we talk about when we talk about Donald Trump and 'gaslighting'". The Washington Post (en inglés). ISSN 0190-8286. 
  7. Dominus, Susan (2016-09-27). "The Reverse-Gaslighting of Donald Trump". The New York Times Magazine. Consultado o 2017-01-23. 
  8. Duca, Lauren (2016-12-10). "Donald Trump Is Gaslighting America". Teen Vogue (en inglés). Consultado o 2017-01-23. 
  9. Fox, Maggie (2017-01-25). "Some Experts Say Trump Team's Falsehoods Are Classic 'Gaslighting'" (NBC News). Consultado o 2017-03-08. 
  10. From 'alternative facts' to rewriting history in Trump's White House, BBC, Jon Sopel, 26 de xullo de 2018
  11. Carol Anne Constabile-Heming & Valentina Glajar & Alison Lewis (2021). "Citizen informants, glitches in the system, and the limits of collaboration: Eastern experiences in the cold war era". En Andreas Marklund & Laura Skouvig. Histories of Surveillance from Antiquity to the Digital Era: The Eyes and Ears of Power. Routledge. 
  12. McPartland, Marian (2005). Marian McPartland's Piano Jazz with Steely Dan. Beverly Hills, CA: Concord Records.