Barry Ryan
Barry Ryan | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Barry Sapherson |
Nacemento | 24 de outubro de 1948 |
Lugar de nacemento | Leeds |
Falecemento | 28 de setembro de 2021 |
Causa | Parada cardiorrespiratoria |
Nacionalidade | Reino Unido |
Ocupación | cantante e fotógrafo |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Barry Sapherson, nado en Leeds (Yorkshire) o 24 de outubro de 1948 e finado o 28 de setembro de 2021, foi un cantante de pop británico coñecido como Barry Ryan, que chegou ó éxito mundial co tema "Eloise".
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Barry Ryan é o nome artístico de Barry Sapherson, fillo da cantante de pop Marion Ryan e do produtor Lloyd Sapherson. Entrados os 60, Barry lanzouse como cantante e compartiu nun inicio o escenario co seu irmán Paul, un talentoso compositor.
O dúo Ryan logrou un modesto éxito nun inicio con temas como "Don't Bring Me Your Heartaches", pero pronto comeza a chegar a fama, con temas como "Have Pity on the Boy" ou "Missy, Missy" (1966). Porén, a presión á que estaban sometidos causou que Paul saíse do dúo; o estrés ó que estaba sometido era moi grande e os ataques de ansiedade e nerviosismo levárono a converterse no compositor do seu irmán.
Así pois, Barry logrou colocarse rapidamente no gusto do público británico grazas ás composicións de Paul, e en 1968 chegou o seu maior éxito mundial co tema "Eloise". É un tema orquestral de trazos progresivos e melodramáticos. A voz de Ryan alcanzou grandes momentos nesta gravación. O tema "Eloise" foi versionado por moitos grupos e cantantes, como The Damned, ou Tino Casal.
Barry gozou de grande aceptación en Alemaña, gravou varios temas en alemán (como "Die Zeit macht nur vor dem Teufel halt") Probablemente sexa o país onde tivo maior éxito (incluso máis que en Inglaterra), debido á gran promoción que lle facía a revista xuvenil Bravo.
Barry Ryan deixou o mundo da música a mediados da década de 1970.
En 1990 lanzouse un disco cos grandes éxitos de Barry compostos por Paul, falecido en 1992 a causa dun cancro.
Barry participou nunha xira en Gran Bretaña en 2003, sendo esta a súa última actuación en vivo, xa que desde entón vive retirado por completo do negocio musical.