García Sarmiento de Sotomayor
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1595 A Cañiza, España |
Morte | 1659 (63/64 anos) Lima, Perú |
Vicerrei de Nova España Vicerreinado de Nova España | |
23 de novembro de 1642 – 14 de maio de 1648 | |
2º Conde de Salvaterra Condado de Salvaterra | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | militar |
Carreira militar | |
Rango militar | Xeneral |
Outro | |
Título | Conde de Salvaterra |
Familia | Casa dos Sarmiento |
Pais | Diego Sarmiento de Soutomaior e Leonor de Luna y Enríquez de Almansa |
Irmáns | Luisa Henriquez de Sarmiento Diego Sarmiento de Sotomayor, 3rd Count of Salvatierra Antonio Sarmiento de Luna y Enríquez Francisco Sarmiento de Luna y Enríquez |
Don García Sarmiento de Sotomaior, Marqués de Sobreso e 2º Conde de Salvaterra , nado na Cañiza en 1595 e finado o 26 de xuño de 1659 en Lima, foi un galego vicerrei de Nova España, dende o 23 de novembro de 1642 ao 13 de maio de 1648, e do Perú, dende 1648 ata 1655.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]García Sarmiento de Sotomaior naceu na Cañiza na última década do Século XVI. Foi descendente de Don Diego de Sarmiento, un comendador da Orde de Alcántara.
Cando o vicerrei da Nova España Don Diego López Pacheco Cabrera y Bobadilla foi sospeitoso de relacionarse cos rebeldes portugueses, o rei Filipe IV nomeou a Sarmiento de Sotomaior no seu lugar. A López Pacheco destituíuno o bispo Don Juan de Palafox y Mendoza antes da chegada do novo vicerrei. Palafox ocupou o vicerreinado só uns poucos meses, ata a chegada de Sarmiento. Este chegou á Cidade de México o 23 de novembro de 1642, e tomou posesión do cargo. Atopouse cunha colonia tranquila, en contraste cos disturbios en moitas outras partes do Imperio Español.
Como os anteriores vicerreis, enfrontouse en pouco tempo a grandes inundacións na cidade (1645). O Canal de Nochistongo estaba obstruido, o que provocou que a auga do Lago Zumpango se xuntara coa do Lago México, incrementando o seu nivel e inundando partes da cidade. O vicerrei ordenou limpar o canal, o que eliminou o perigo para a cidade.
O vicerrei enviou unha expedición (1648) para explorar, conquistar e colonizar as Californias, pero a expedición volveu sen atopar terras de interese. Sarmiento fundou tamén as cidades de Salvatierra, Guanajuato, e fundou o cárcere de Cerro Gordo, no camiño que une a Cidade de México coas minas de Parral. Firmou a paz con varias tribos indias na fronteira norte, e reprimiu as revelións doutras. Celebrou autos de fe en 1647 e 1648. O famoso estafador mexicano Martín Garatuza foi un dos castigados en 1648.
Como vicerrei do Perú
[editar | editar a fonte]Traballou como vicerrei do Perú dende 1648 ata 1655, permaneceu alí en 1659.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: García Sarmiento de Sotomayor |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Sarmiento de Sotomayor, García," Enciclopedia de México, v. 12. Cidade de México, 1988 (en castelán).
- García Puron, Manuel, México y sus gobernantes, v. 1. Cidade de México: Joaquín Porrua, 1984 (en castelán).
- Orozco Linares, Fernando, Gobernantes de México. Cidade de México: Panorama Editorial, 1985, ISBN 968-38-0260-5 (en castelán).