Gaon de Vilna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gaon de Vilna
Gaon-V.jpg
Alcumeהגר״א
Nacemento23 de abril de 1720
 Sialiec
Falecemento9 de outubro de 1797
 Vilnius
SoterradoVilnius
NacionalidadeRepública das Duas Nações e Imperio Ruso
EtniaAsquenací
RelixiónXudaísmo ortodoxo
Ocupaciónrabino e Posek
editar datos en Wikidata ]

Elijah ben Solomon Zalman,[1] (en hebreo: ר' אליהו בן שלמה זלמן Rabbi Eliyahu ben Shlomo Zalman) coñecido como o Gaon de Vilna[2] (en yiddish: דער װילנער גאון, en polaco: Gaon z Wilna, en lituano: Vilniaus Gaonas) ou Elijah de Vilna, ou plo seu acrónimo hebreo HaGra ("HaGaon Rabbenu Eliyahu") ou Elijah Ben Solomon, nado en Sialiec o 23 de abril de 1720 e finado en Vilnius o 9 de outubro de 1797, foi un talmudista, halakhista, cabalistae principal líder do xudaísmo misnágdico (non hasídico) dos últimos séculos. En hebreo refírese habitualmente como ha-Gaon he-Chasid mi-Vilna, "o piadoso xenio de Vilnius".[3]

Mediante as súas anotacións e emendas do Talmude e outros textos, converteuse nunha das figuras máis familiares e influentes dos estudos rabínicos dende a Idade Media, considerado por moitos entre os sabios como Acharonim, e cualificado por algúns mesmo como o máis reverencial Rishonim. Grandes grupos, incluídos moitos yeshivas, conservan o conxunto de costumes e ritos xudeus (minhag), o "minhag ha-Gra", que recibe o seu nome, e que tamén se considerado o principal minhag asquenací de Xerusalén.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Sielec no voivodato de Brest Litovsk, o Gaon demostrou un talento extraordinario cando era neno. Aos vinte anos, os rabinos enviábanlle os problemas máis difíciles da Halakha. Foi un autor prolífico, escribindo obras como glosas ao Talmund babilónico e Shulchan Aruch coñecido como Bi'urei ha-Gra ("Elaboracións do Gra"), un comentario sobre o Mishnah, Shenoth Eliyahu ("Os Anos de Elijah"), e opinións sobre a Torah tituladas Adereth Eliyahu ("O Manto de Elijah"), publicado polo seu fillo. Varios traballos cabalísticos teñen comentarios co seu nome, e escribiu comentarios sobre o Libro dos Proverbios e outros libros do Tanakh nos últimos anos da súa vida. Non se publicou ningún dos seus manuscritos durante a súa vida.

Cando o hasidismo se fixo influencia na súa vila natal, o Gaon de Vilna uniuse aos "opositores" ou misnagdimo, rabinos e xefes das comunidades polacas, para frear a influencia hasídica. En 1777 lanzouse en Vilnius unha das primeiras excomuñóns contra o nacente movemento hasídico.

Animou os seus alumnos a que estudasen ciencias naturais, e mesmo traduciu libros de xeometría ao yiddish e ao hebreo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ata décadas recentes déuselle o apelido de Kremer. Porén, nin o Gaon de Vilna nin os seus descendentes parece que empregasen este apelidos, que significa tendeiro. Foi posiblemente derivado de xeito erróneo a partir dun alcume do seu devanceiro Rabbi Moshe Kremer. "The Vilna Gaon, part 3 (Review of Eliyahu Stern, The Genius)". Marc B. Shapiro
  2. Yaniv, Samuel (Rabbi) (17 de abril de 2010). "The Vilna Gaon and his Vision of Redemption". Bar Ilan University. Consultado o 19 de maio de 2012. 
  3. The Threefold step of Academia Europeana: a case of Universitas Vilnensis. 2009. p. 24. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Etkes, Immanuel, et al. The Gaon of Vilna: the man and his image (University of California Press, 2002) ISBN 0-520-22394-2
  • "The Gaon of Vilna and the Haskalah movement", by Emanuel Etkes, reprinted in Dan, Joseph (ed.). Studies in Jewish thought (Praeger, NY, 1989) ISBN 0-275-93038-6
  • "The mystical experiences of the Gaon of Vilna", in Jacobs, Louis (ed.). Jewish mystical testimonies (Schocken Books, NY, 1977) ISBN 0-8052-3641-4
  • Landau, Betzalel and Rosenblum, Yonason. The Vilna Gaon: the life and teachings of Rabbi Eliyahu, the Gaon of Vilna (Mesorah Pub., Ltd., 1994) ISBN 0-89906-441-8
  • Shulman, Yaacov Dovid. The Vilna Gaon: The story of Rabbi Eliyahu Kramer ( C.I.S. Publishers, 1994) ISBN 1-56062-278-4
  • Ackerman, C. D. (trans.) Even Sheleimah: the Vilna Gaon looks at life (Targum Press, 1994) ISBN 0-944070-96-5
  • Schapiro, Moshe. Journey of the Soul: The Vilna Gaon on Yonah/Johan: an allegorical commentary adapted from the Vilna Gaon's Aderes Eliyahu (Mesorah Pub., Ltd., 1997). ISBN 1-57819-161-0
  • Freedman, Chaim. Eliyahu's Branches: The Descendants of the Vilna Gaon (Of Blessed and Saintly Memory) and His Family (Avotaynu, 1997) ISBN 1-886223-06-8
  • Rosenstein, Neil. The Gaon of Vilna and his Cousinhood (Center for Jewish Genealogy, 1997) ISBN 0-9610578-5-8

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]