Saltar ao contido

Game Boy Pocket

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Game Boy Pocket
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Parte de
Cifras e dimensións
Masa150 g Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Fabricante
Datas
 Data de publicación
21 de xullo de 1996 (Xapón) Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
 Sucedido por
Wikidata C:Commons

A Game Boy Pocket (en xaponés: ゲームボーイポケット, Gēmu Bōi Poketto) é unha consola de videoxogos portátil da cuarta xeración que foi fabricada pola compañía xaponesa Nintendo dende 1996 até 2003, sendo sucedida polas Game Boy Light (esta só no Xapón) e Color en 1998 e a Game Boy Advance en 2001. Houbo varias edicións limitadas da Game Boy Pocket, incluído un modelo de cor metálica dourada exclusivo para o Xapón.

Comercialización

[editar | editar a fonte]

A Game Boy Pocket foi posta á venda o 21 de xullo de 1996 no Xapón por 69,99$ (10.822,20 iens) e o 3 de setembro de 1996 en Norteamérica.[1] Lanzouse á vez que a Nintendo 64 en todo o mundo, e en Europa chegou ao mercado en xaneiro de 1997.

Características

[editar | editar a fonte]

Este modelo é basicamente unha modificación da Game Boy clásica. Comparada co modelo clásico, a Pocket ten un tamaño moito máis pequeno, o porto tamén diminuíu de tamaño e a pantalla pasou de ser en "verde e negro" a un auténtico display "branco e negro", mellorando a calidade notabelmente en comparanza co vello modelo de Game Boy. Ten espazo para dúas pilas AAA, que proporcionan aproximadamente 10 horas de xogo.[2]

A Game Boy Pocket ten un pequeno porto "link", que requiría un adaptador para conectarse co vello modelo de Game Boy. O porto foi deseñado para usar en todos os modelos anteriores ó modelo Game Boy Micro. A primeira versión do modelo Pocket non incluía o led de carga das pilas, pero foi incluído na segunda versión do modelo, en 1997, por demanda do público.

Aínda que varios editores aproveitaron o aumento de novos usuarios de Game Boy que se produciu co lanzamento da Game Boy Pocket para reeditar xogos antigos de Game Boy,[3] a Game Boy Pocket non era unha nova plataforma de software e reproducía exactamente o mesmo software que o modelo orixinal de Game Boy.[4]

Especificacións técnicas

[editar | editar a fonte]
Placa base dunha Game Boy Pocket.
Tamaño Aproximadamente 76 mm x 124 mm x 23 mm (An x Al x Pr)
Peso Aproximadamente 148 g
Pantalla Pantalla reflectante supertrenzada nemática (STN) de cristal líquido (LCD)
Tamaño da pantalla 50 mm por 45 mm
Fotogramas por segundo 59.727500569606 Hz
Enerxía 6 V, 0.7 W (2× pilas AAA)
Duración das pilas Aproximadamente 10 horas de xogo
CPU Zilogic Z80 a 4.194304 MHz
Memoria 64 KB de espazo de direccións incluíndo:
  • 8 KB de RAM de traballo integrada
  • Até 16 págxinas de 8 KB de RAM de traballo intercambiábel (no cartucho de xogo) para un máximo de 128 KB de RAM externa (que pode ser alimentada por batería para gardar as partidas).
  • 8 KB de memoria RAM para a pantalla LCD.
  • 32 KB de Game Pak externa ROM, dos cales 16 KB son intercambiábeis.

ROM de arrinque de 256 bytes no chip; cartuchos de 32 KB, 64 KB, 128 KB, 256 KB, 512 KB, 1 MB, 2 MB, 4 MB e 8 MB.

Resolución da pantalla 160 (ancho) × 144 (alto) píxels (10:9 relación de aspecto)
Soporte de cor 2 bits (catro tons de "cinsento": claro a moi escuro)
  • Referencia:
  • Esquema de cor orixinal:  0x0  0x1  0x2  0x3 
Son Procesador PSG de Estéreo FM de 4 canles
Entrada
  • Botón direccional de oito direccións.
  • Catro botóns de acción (A, B, Start e Select).
  • Potenciómetro de volume.
  • Potenciómetro de contraste.
  • Interruptor de aceso.
  • I/O en serie ("Cable link"): 512 kbit/s con até 4 conexións en serie.
  • Cartucho I/O.

Edicións especiais

[editar | editar a fonte]
  • Game Boy Pocket Famitsu Limited Edition
  • Game Boy Pocket Clear Atomic Purple
  • Game Boy Pocket Edición Hello Kitty
  • Game Boy Pocket Edición Aniversario
  • Game Boy Pocket Clear-Blue ANA Air-Line Special Edition
  • Game Boy Pocket Extreme Green.[5]
  1. "1998 Sears Christmas Book, Page 161 - Christmas Catalogs & Holiday Wishbooks". christmas. musetechnical.com. Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2020. Consultado o 2019-12-01.
  2. "The Incredible Shrinking Game Boy Pocket". Electronic Gaming Monthly (Ziff Davis) (84): 16. Xullo de 1996.
  3. «Power Play». Electronic Gaming Monthly (Ziff Davis) (106): 22-23. Maio de 1998.
  4. «Show Notes». GamePro (IDG) (95): 16. Agosto de 1996.
  5. Game Boy Pocket Extreme Green. www.museodelvideojuego.com.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]