Game Boy Light

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Game Boy Light Gold.

A Game Boy Light é unha videoconsola portátil de Nintendo que saíu á venda unicamente no Xapón en abril de 1998. É case do mesmo tamaño que a Game Boy Pocket e ten unha luz de fondo parcialmente azulada para condicións de pouca luz. Utiliza dúas pilas AA, que lle dan aproximadamente 20 horas de autonomía coa luz apagada e 10 cando está acesa.[1]

A Game Boy Light é a máis rara da saga Game Boy, podéndose comprar case unicamente por importación dende o Xapón durante 1998. Foi a única consola de Nintendo producida con pantalla iluminada ata a saída da Game Boy Advance SP en 2003.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Game Boy Light. Retromaquinitas.com.