Galicia Spirit

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Galicia Spirit
Historial España
Estaleiro Daewoo Shipbuilding & Marine Engineering Goeje, Corea do Sur
Clase Gaseiro
Tipo LNG tanker
Operador Teekay Shipping Glasgow Glasgow, Reino Unido Reino Unido
Porto de rexistro Santa Cruz de Tenerife, España España
Botado 2003
Asignado 2004
Características xerais
Desprazamento 79.166 toneladas
Eslora 279,80 m
Manga 43,40 m
Puntal 26 m
Calado 12,12 m
Propulsión Turbina de gas
Velocidade 19,5 nós

IMO: 9247364
Chamada: EAYP

O Galicia Spirit é un buque metaneiro de bandeira española, construído en 2003 co nome de Elvira Tapias en Seúl, e rebautizado en 2004 como Galicia Spirit. Está rexistrado no porto de Santa Cruz de Tenerife e é propiedade da empresa eléctrica Gas Natural Fenosa.[1]

Características[editar | editar a fonte]

Historia[editar | editar a fonte]

O buque, propiedade da eléctrica Unión Fenosa, estivo operando entre 2004 e 2005 para unha empresa malaisiana, a Malaysia Int. Shipping Co. Berhad. A partir de xaneiro de 2005 foi empregado por Unión Fenosa para o traslado de gas natural licuado dende Damietta (Exipto) ata diversos portos españois.

O buque fíxose famoso por ser o primeiro en levar a subministración de gas á planta industrial de Reganosa (Mugardos), no interior da ría de Ferrol. O buque foi bloqueado o 7 de maio de 2007 por diversas pequenas embarcacións de mariscadores, que protestaban contra o que crían un perigo ecolóxico para a ría. O 9 de maio, grazas á intervención policial conseguiu atracar en porto.

Notas[editar | editar a fonte]