Saltar ao contido

Nova Galicia (1795-1809)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Galicia Occidental»)
Modelo:Xeografía políticaNova Galicia

Localización
Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación1795 Editar o valor en Wikidata
Disolución1803 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porReino de Galicia e Lodomeria Editar o valor en Wikidata

Nova Galicia ou Galicia occidental (en polaco: Nowa Galicja ou Galicja Zachodnia, en alemán: Neugalizien ou Westgalizien) foi unha rexión administrativa da monarquía austríaca dos Habsburgo, constituída polos territorios anexionados como resultado da terceira partición de Polonia, en 1795.

Despois do fracaso do levantamento de Kościuszko de 1794, o emperador Francisco I de Austria acordou coa emperatriz Catarina II de Rusia dividir outra vez, e con iso abolir completamente, os restos da Mancomunidade polaco-lituana, unha decisión á que se uniu Prusia o 24 de outubro de 1795.

Austria, que non participara na segunda partición, agora recibía unha porción que comprendía os territorios ao norte do Reino de Galicia e Lodomeria gañados na primeira partición, en 1772.

Os Habsburgo entón ocuparon enteiramente a Pequena Polonia, que se estende ao longo do alto río Vístula até as portas de Praga e Varsovia, formando os afluentes Bug e Pilica a fronteira norte coa Nova Prusia Oriental.

En 1803 foi fusionada co reino de Galicia e Lodomeria, aínda que retivo unha certa autonomía. Permaneceu como un territorio do Imperio austríaco incluso cando en 1807 Napoleón I de Francia creou o Gran Ducado de Varsovia nos territorios da Gran Polonia[1] que Prusia se anexionara na segunda e na terceira particións, e aos que tivera que renunciar de acordo co tratado de Tilsit.

Austria perdeu a Nova Galicia na Guerra da Quinta Coalición, en 1809, despois que un corpo de exército baixo as ordes do Arquiduque Fernando Carlos Xosé de Austria-Este o 15 de abril de 1809 empezara a Guerra austro-polaca coa invasión do Ducado de Varsovia. A pesar dos plans do duque de presentarse como un liberador nacional, foi desafiado polas forzas do príncipe Józef Antoni Poniatowski na batalla de Raszyn. Austria foi finalmente derrotada na batalla de Wagram o 6 de xullo, polo que Nova Galicia foi entregada ao Ducado de Varsovia polo tratado de Schönbrunn.

No Congreso de Viena de 1815 o territorio converteuse en parte da Polonia do Congreso, gobernado en unión persoal polo emperador Alexandre I de Rusia, mentres que Cracovia (Kraków) nominalmente retivo a súa independencia como a Cidade Libre de Cracovia.

Administración

[editar | editar a fonte]
Mapa de Galicia austrohúgara mostrando a Galicia Oriental (en beixe) e a Galicia Occidental (en amarelo) e a súa situación no oeste da Ucraína e o sueste da Polonia actuais.

Desde 1797 a sede do goberno local (Gubernium) foi situada en Kraków (Cracovia). A provincia foi dividida en doce distritos:

Código civil

[editar | editar a fonte]

Foi introducido un código civil na Galicia Occidental, antes da introdución do código civil de Austria en 1811. Este contiña pouco sobre como resolver os problemas da clase feudal polaca e estaba baseado nas leis da natureza.

  1. Non confundir co actual voiovodato da Gran Polonia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Davies, Norman (2011): Vanished Kingdoms: The History of Half-Forgotten Europe. Londres: Allen Lane. ISBN 978-1-84614-338-0.
  • Hann, Christopher e Paul Robert Magocsi, eds. (2005): Galicia: A Multicultured Land. Toronto: University of Toronto Press. ISBN 0-8020-3781-X. Lectura parcial.
  • Magocsi, Paul Robert (1983): Galicia: A Historical Survey and Bibliographic Guide. Toronto: University of Toronto Press. ISBN 0-8020-2482-3. Lectura parcial.
  • Taylor, A.J.P. (1990): The Habsburg Monarchy 1809–1918. A History of the Austrian Empire and Austria-Hungary Londres: Penguin Books UK. Lectura parcial.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]