Saltar ao contido

Gaivota pequena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gaivota pequena
 Nome taxon
    Hydrocoloeus minutus Peter Simon Pallas 1776 Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
    H. minutus (mul)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Combinación orixinal
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeCharadriiformes
FamiliaLaridae
XéneroHydrocoloeus
EspecieHydrocoloeus minutus Editar o valor en Wikidata
(Pallas, 1776) Hydrocoloeus minutus Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Masa
   98 g peso adulto Editar o valor en Wikidata
 Envergadura
   78 cm Editar o valor en Wikidata
 Tamaño da niñada
   2,4 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/01w200 Editar o valor en Wikidata
ITIS824065 Editar o valor en Wikidata
OTT80679 Editar o valor en Wikidata
UICN22694469 Editar o valor en Wikidata
CoL6MJWG Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons
Hydrocoloeus minutus

A gaivota pequena[1][2] (Hydrocoloeus minutus) é unha ave pertencente á familia dos láridos.

Características

[editar | editar a fonte]

Cría en colonias pequenas próximas a cursos de auga doce[3]. Aliméntase na superficie da auga ou caza pequenos insectos voando. O niño adoita localizarse entre a vexetación[3]. É unha gaivota moi pequena, que se move con movementos rápidos.[3] En voo pódese chegar a confundir cun carrán. Os individuos tardan tres anos en acadar a plumaxe de adulto. Esta plumaxe caracterízase sobre todo pola cabeza, peteiro e ollo completamente negros[3].

Distribución e migracións

[editar | editar a fonte]

Cría no norte de Rusia, na Siberia Occidental, Finlandia e puntos illados de Escandinavia e dos países do Báltico[3]. Tamén cría en puntos illados do mar Negro e do mar de Azov. Recentemente tense documentado a cría na provincia canadense de Ontario. Os individuos do Báltico adoitan migrar en xullo, desprazándose por todo o mar do Norte e a canle da Mancha. Estas aves invernan por toda a costa atlántica de Europa Occidental e chegan ata o golfo de Guinea.[4] As aves do leste de Europa e Rusia migran cara ó sur e invernan en África.[4] Existe unha terceira tendencia migratoria, de menor importancia, de aves que se desprazan polos ríos da Europa Central, invernando nas costas do Mediterráneo Occidental e Central, tanto nas ribeiras europeas coma nas africanas. Na primavera prodúcese a migración contraria que adoita ocorrer entre os meses de marzo e maio[4].

En Galicia

[editar | editar a fonte]

É unha ave escasa e de distribución irregular[4]. Máis frecuente na migración invernal, con citas entre os meses de novembro e xaneiro[4]. A migración primaveral é aínda máis escasa, con citas históricas entre os meses de marzo e maio[4]. As citas limítanse ás provincias de Coruña e Pontevedra, téndose localizado en portos pesqueiros e lagoas costeiras[4].

  1. Xosé M. Pernas Patiño, Carlos Pedreira López, Calros Silvar (2004). Guía das aves de Galicia. Baía Edicións. p. 240.
  2. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de novembro de 2017. Consultado o 14 de xullo de 2016.
  3. 1 2 3 4 5 Svensson, Lars (2010). Guía de aves: España, Europa y región mediterránea. Ediciones Omega. ISBN 978-84-282-1533-6.
  4. 1 2 3 4 5 6 7 Paterson, Andrew M. (1997). Las aves marinas de España y Portugal. Lynx Edicions. ISBN 84-87334-21-0.