Gabriele Hegerl

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGabriele Hegerl

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1963 Editar o valor em Wikidata (60/61 anos)
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Múnic Editar o valor em Wikidata
Director de teseAlbert Sachs (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoClimatoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónclimatóloga Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Edimburgo, profesora (2007–)
Universidade Duke (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Premios

Gabriele Clarissa Hegerl, nada o 9 de xaneiro de 1962,[1][2] é profesora de Ciencia do Sistema do Clima na Universidade de Edimburgo, na Escola de Xeoiencias. [2][3]Antes de 2007 traballlou como investigadora na Universidade Texas A&M e na Universidade Duke, na Escola do Medioambiente, durante os cales foi tamén coordinadora e autora principal do Grupo intergobernamental sobre o cambio climático (GICC) no cuarto e quinto informe de avaliación.[4][5]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Hegerl estudou na Universidade Maximilian Ludwig de Múnic se doutorou en 1991.[6] Na súa tese doutoral onde a súa tese utilizou unha solución numérica da ecuación Navier-Stokes usando condicións de contorno.[6]

A investigación de Hegerl céntrase na variabilidade natural do clima e os seus cambios por factores naturais e antropoxénicos en forzamento radiativo (como o efecto invernadoiro, os efectos no clima das erupcións volcánicas e os cambios da radiación solar).[7][8][9] Hegerl tamén liderou unha afamada investigació sobre a atribución do camblio climático moderno ás emisións antropoxénicas de gases de efecto invernadoiro.

Liderou en 2006 un estudo sobre a sensibilidade de clima ( daquela comunmente aceptada como 1,5–4.,K en resposta á duplicación do CO2 atmosférico) para revisar os estudos que suxirían que a sensibilidade de clima podería chegar a 7,7K ou mesmo superar 9K. Usando a modelaxe do equilibro de enerxía para simular as respostas a cambios históricos na temperatura no efecto do forzamento radiativo dos cambios solares, erupcións volcánicas e os gases de efecto invernadoiro, e comparando isto coas reconstrucións climáticas, o equipo de Hegerl chegou a unha estimación independente que situaba a sensibilidade climática dentro do rango de 1,5–6,2K.[10] Nunha entrevista Hegerl afirmou: "A nosa reconstrución apoia unha gran variabilidade no pasado".[11]

Foi coordinador e autora principal do Cuarto Informe de valoración do Grupo intergobernamental sobre o cambio climático (IGCC), no Grupo I, no capítulo "Understanding and Attributing Climate Change".[12] A súa reconstrución de 2006 foi citada no capítulo "Paleoclimate" para apoiar a afirmación de que o século fora probabelmente o máis quente do Hemisferio Norte nun mínimo de 1 300 anos.[13]

Foi membro do equipo que revisou as reconstrucións recentes do rexistro de temperatura dos pasados 1 000 anos, e en 2007 publicou a súa propia reconstrución concluíndo que a temperatura máxina na era preindustrial fora era significativamente superada polas temperaturas rexistradas con instrumental recente.

Publicacións[editar | editar a fonte]

As publicaciones de Hegerl inclúen:

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "CURRICULUM VITAE Gabriele Clarissa Hegerl. Date: Oct 2014" (PDF). geos.ed.ac.uk. outubro de 2014. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 15 de setembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 "Gabriele Hegerl . Biography". The Royal Society. Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2017. 
  3. "Gabi Hegerl". University of Edinburgh Research Explorer (en inglés). Consultado o 19 de maio de 2022. 
  4. IPCC AR4
  5. "Interview of Hegerl]" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de agosto de 2011.  by Hans von Storch, marzo de 2011
  6. 6,0 6,1 Hegerl, Gabriele Clarissa (1991). Numerische Lösung der kompressiblen zweidimensionalen Navier-Stokes-Gleichungen in einem zeitabhängigen Gebiet mit Hilfe energievermindernder Randbedingungen (Tese). 
  7. Hegerl, G. (1998). "The past as guide to the future" (PDF). Nature 392 (6678): 758–759. Bibcode:1998Natur.392..758H. doi:10.1038/33799. 
  8. Hegerl, Gabriele C. (2006). "Climate sensitivity constrained by temperature reconstructions over the past seven centuries". Nature 440 (7087): 1029–1032. Bibcode:2006Natur.440.1029H. doi:10.1038/nature04679. 
  9. Juckes, M. N. (2007). "Millennial temperature reconstruction intercomparison and evaluation" (PDF). Climate of the Past 3 (4): 591. Bibcode:2007CliPa...3..591J. doi:10.5194/cp-3-591-2007. 
  10. Hegerl, Gabriele C.; Crowley, Thomas J.; Hyde, William T.; Frame, David J. (2006), "Climate sensitivity constrained by temperature reconstructions over the past seven centuries", Nature, 440 (7087): 1029–1032, Bibcode:2006Natur.440.1029H, doi:10.1038/nature04679, PMID 16625192
  11. https://www.washingtontimes.com, The Washington Times. "Scientists cool outlook on global warming". The Washington Times (en inglés). Consultado o 19 de maio de 2022. Our reconstruction supports a lot of variability in the past 
  12. "Intergovernmental Panel on Climate Change Working Group I: The Physical Science Basis of Climate Change". Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2007. Consultado o 21 de febreiro de 2022. 
  13. IPCC (2007). "6.6 The Last 2,000 Years". IPCC Fourth Assessment Report: Climate Change 2007 (Informe). IPCC. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2010. 
  14. 14,0 14,1 "Professor Gabriele Clarissa Hegerl FRSE, FRS". Royal Society of Edinburgh. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2021. 
  15. "Prof. Dr. Gabriele Hegerl, University of Edinburgh". The Hans Sigrist Foundation. 2021-11-23. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  16. Leeds, University of. "Gabriele Hegerl". www.leeds.ac.uk (en inglés). Consultado o 19 de maio de 2022. 
  17. "List of Members. Prof. Dr.Gabriele Hegerl". Leopoldina. Consultado o 19 de maio de 2022.