G20
G20 | |
---|---|
Estados membros Estados representados da U.E. Estado invitado | |
Acrónimo | G20 |
Tipo | grupo xeopolítico, organización internacional e organización intergobernamental |
Data de fundación | 26 de setembro de 1999 |
Fundador(es) | G7 e Paul Martin |
Nº de membros | 20 |
Na rede | |
https://g20.org | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Grupo dos 20, coñecido habitualmente como G20 ou G-20, é un foro de 19 estados, máis a Unión Europea, onde se reúnen regularmente, dende 1999, xefes de Estado, gobernadores de bancos centrais e ministros de finanzas. Está constituído por sete dos países máis industrializados -Alemaña, Canadá, Estados Unidos, Francia, Italia, o Reino Unido e o Xapón (G7), máis Rusia (G8), máis once países recentemente industrializados de todas as rexións do mundo, así como a Unión Europea. Dende 2009, o G20 desprazou ao G8 e ao G8+5 como foro de discusión da economía mundial.[1]
Función
[editar | editar a fonte]É un foro de cooperación e consultas entre os países en temas relacionados co sistema financeiro internacional. Estuda, revisa e promove discusións sobre temas relacionados cos países industrializados e as economías emerxentes, co obxectivo de manter a estabilidade financeira internacional, e de encargarse de temas que estean máis aló do ámbito de acción doutras organizacións de menor xerarquía.
Historia
[editar | editar a fonte]O Grupo dos Vinte (G20) de Ministros de Finanzas e Gobernadores de bancos centrais estabeleceuse en 1999, para reunir ás economías industrializadas e en desenvolvemento máis relevantes e debater cuestións clave na economía mundial. A conferencia inaugural do G20 levouse a cabo en Berlín do 15 ao 16 de decembro de 1999, organizada polos ministros de finanzas de Alemaña e o Canadá.[2]
O Cume de Washington celebrado o 15 de novembro de 2008 na capital estadounidense, é considerado como unha das reunións máis importantes do G20, xa que tratou da reforma do sistema financeiro mundial. Foi proposto pola Unión Europea e organizado polos Estados Unidos. O 2 de abril de 2009 celebrouse o chamado Cume de Londres. En setembro de 2009 tivo lugar a reunión de Pittsburgh, Estados Unidos, onde formalmente se decidiu que o G-20 substituíse ao G8 ou ao G8+5 de aí en diante no concernente aos plans de desenvolvemento mundial en conxunto. O 26 de xuño de 2010 celebrouse o cuarto cume do G-20 de Toronto, Canadá. A conferencia do G-20 en Seúl, Corea do Sur, tivo lugar en novembro de 2010. Dende ese ano, o número de invitados sería de cinco.
Membros
[editar | editar a fonte]Rexión | Membro | Comercio mil. USD (2012) |
PIB Nominal mil. USD (2012) |
PIB (PPA) mil. USD (2012) |
Nom. per capita USD (2012) |
PPA. per capita USD (2012) |
IDH (2012) | Poboación | Clasificación económica (FMI) |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Europa | Alemaña | 2 768 000 | 3 400 579 | 3 197 069 | 41.512 | 39.028 | 0,920 | 81 757 600 | Avanzada |
Oceanía | Australia | 522.000 | 1 541 797 | 970.764 | 67.722 | 42.640 | 0,938 | 22 328 632 | Avanzada |
Oriente Medio | Arabia Saudita | 518.300 | 727.307 | 906.806 | 25.084 | 31.275 | 0,782 | 27 123 977 | Desenvolv. |
América do Sur | Arxentina | 152.690 | 474.954 | 743.121 | 11.576 | 18.112 | 0,811 | 40 117 096 | Desenvolv. |
América do Sur | Brasil | 494.800 | 2 395 968 | 2 355 586 | 12.078 | 11.875 | 0,730 | 193 088 765 | Desenvolv. |
América do Norte | Canadá | 962.600 | 1 819 081 | 1 488 311 | 52.231 | 42.734 | 0,911 | 34 088 000 | Avanzada |
Asia | China | 3 801 000 | 8 227 037 | 12 405 670 | 6.075 | 9.161 | 0,699 | 1 339 724.852 | Desenvolv. |
Asia | Corea do Sur | 1 068 700 | 1 155 872 | 1 613 921 | 23.112 | 32.272 | 0,909 | 50 004 441 | Avanzada |
América do Norte | Estados Unidos | 3 969 000 | 15 684 750 | 15 684 750 | 49.922 | 49.922 | 0,937 | 316 173 000 | Avanzada |
Europa | Francia | 1 226 400 | 2 608 699 | 2 254 067 | 41.140 | 35.547 | 0,893 | 65 447 374 | Avanzada |
Asia | India | 809.400 | 1 824 832 | 4 684 372 | 1.491 | 3.829 | 0,554 | 1 210 193.422 | Desenvolv. |
Asia | Indonesia | 384.100 | 878.198 | 1 216 738 | 3.592 | 4.977 | 0,629 | 237 556 363 | Desenvolv. |
Europa | Italia | 953.000 | 2 014 079 | 1 832 916 | 33.115 | 30.136 | 0,881 | 60 325 805 | Avanzada |
América do Norte | México | 756.800 | 1 177 116 | 1 758 896 | 10.247 | 15.311 | 0,775 | 112 211 789 | Desenvolv. |
África | Suráfrica | 208.000 | 384.315 | 582.391 | 7.506 | 11.375 | 0,629 | 53 000 000 | Desenvolv. |
Europa | Reino Unido | 1 127 000 | 2 440 505 | 2 336 295 | 38.588 | 36.941 | 0,875 | 62 041 708 | Avanzada |
Eurasia | Rusia | 900.600 | 2 021 960 | 2 513 299 | 14.246 | 17.708 | 0,788 | 143 400 000 | Desenvolv. |
Europa | Turquía | 370.800 | 794.468 | 1 123 380 | 10.609 | 15.001 | 0,722 | 72 561 312 | Desenvolv. |
Europa | Unión Europea | 4 567 000 | 16 414 483 | 16 073 550 | 32.708 | 32.028 | 0,876 | 501 259 840 | N/A |
Asia | Xapón | 1 649 800 | 5 963 969 | 4 627 891 | 46.735 | 36.265 | 0,912 | 127 390 000 | Avanzada |
Galería
[editar | editar a fonte]-
2ª Cume do G20 realizada en Londres, Reino Unido
-
3ª Cume do G20 realizada en Pittsburgh, Estados Unidos
-
5ª Cume do G20 realizada en Seúl, Corea do Sur
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cibeira, Fernando (26 de setembro de 2009). Página 12, ed. "Bienvenidos al club" (en castelán). Consultado o 26 de agosto de 2013.
- ↑ G20. G20.org, ed. "What is the G20" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013.