Fuzûlî
Nome orixinal | (az) Məhəmməd Füzuli (az) Məhəmməd Süleyman oğlu (azb) مَحمد سلیمان اوغلو |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 1494 Aq Qoyunlu |
Morte | 1556 (61/62 anos) Imperio Otomán |
Causa da morte | peste |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Aq Qoyunlu Império Safávida (pt) Imperio Otomán |
Relixión | Xiísmo e Sunnismo |
Actividade | |
Ocupación | poeta , escritor |
Pseudónimo literario | فضولي |
Lingua | Lingua azarí, Lingua árabe, lingua persa e lingua turca |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Fillos | Fazlî (pt) |
Mehmet Sulaymān Fuzūlī, coñecido como Fuzûlî (en persa: فضولی; en árabe: محمد بن سليمان; en turco: Mehmet bin Süleyman, nado en Karbala arredor de 1494 e finado na mesma cidade en 1556, foi un poeta, considerado como un dos máis grandes contribuidores á tradición do Dîvân na literatura turca.[1] Fuzûlî escribía estes poemas en tres linguas diferentes: azarí, persa e árabe. Aínda que estas obras fosen escritas en azarí, tamén se incorporaron ás tradicións literarias chagatai e otomá.
Fuzûlî era xií e de educación refinada; iniciouse na poesía co matnawî Beng-ü-Bâde ("O haxix e o viño"), dedicado ao Shah Ismâ'îl cando ocupou Bagdad en 1508. Cando Solimán o Magnífico conquistou Iraq en 1534 compuxo poesías na súa honra, que lle valeron a protección do novo goberno otomán. Ademais da súa produción en turco, é autor dunha excelente colección de poemas en árabe (Matla 'al-i'tiqâd) e de numerosas obras en persa menos importantes.[2]
Obra seleccionada
[editar | editar a fonte]- Obras en azarí
- Dîvân ("Poemas compilados")
- Beng ü Bâde (بنگ و باده; "Haxix e viño")
- Hadîkat üs-Süedâ (حديقت السعداء; "Xardín de placeres")
- Dâstân-ı Leylî vü Mecnûn (داستان ليلى و مجنون; "A épica de Layla e Majnun")
- Risâle-i Muammeyât (رسال ﻤﻌﻤيات; "Tratado das adiviñas")
- Şikâyetnâme (شکايت نامه; "Queixa")
- Obras en persa
- Dîvân ("Poemas compilados")
- Anîs ol-qalb (انیس القلب; "Amigo do corazón")
- Haft Jâm (هفت جام; "Sete cálices")
- Rend va Zâhed (رند و زاهد; "Hedonista e asceta")
- Resâle-e Muammeyât (رسال ﻤﻌﻤيات; "Tratado das adiviñas")
- Sehhat o Ma'ruz (صحت و معروض; "Saúde e enfermidade")
- Obras en árabe
- Dīwān ("Poemas compilados")
- Maṭla‘ ul-I‘tiqādi (مطلع الاﻋﺘﻘﺎد; "O nacemento da fe")
Honras
[editar | editar a fonte]En 1959, unha localidade e o raion asociado en Acerbaixán foron renomeados co seu nome.[3]
En 1996 o Banco Nacional de Acerbaixán emitiou moedas conmemorativas de 100 (ouro) e 50 (prata) manats dedicadas ao quinto centenario da vida e as actividades de Fuzûlî.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fuzuli, Mehmed bin Süleyman" en Encyclopædia Britannica
- ↑ Gran Enciclopèdia Catalana: Mehmet Sulaymān Fuzūlī
- ↑ "Физули (город в Азербайджанской ССР)". cultinfo.ru (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2007. Consultado o 28 de outubro de 2018.
- ↑ Central Bank of Azerbaijan Arquivado 14 de marzo de 2010 en Wayback Machine.. Commemorative coins. Coins produced within 1992-2010 Arquivado 19 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine.: Gold and silver coins dedicated to memory of Mahammad Fuzuli. – Consultado o 25 de febreiro de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Andrews, Walter G. "Fuzûlî" in Ottoman Lyric Poetry: An Anthology. pp. 235–237. ISBN 0-292-70472-0.
- "Fozuli, Mohammad b. Solayman". Encyclopædia Iranica. Consultado o 25 de agosto de 2006.
- "Fuzuli, Mehmed bin Süleyman". Encyclopædia Britannica. 2006. Encyclopædia Britannica Premium Service. 23 de agosto de 2006.
- Kudret, Cevdet. Fuzuli. ISBN 975-10-2016-6.
- Şentürk, Ahmet Atillâ. "Fuzûlî" in Osmanlı Şiiri Antolojisi. pp. 280–324. ISBN 975-08-0163-6.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Fuzûlî, en archive.org
- Muhammed Fuzuli
- Fuzuli Arquivado 13 de xullo de 2011 en Wayback Machine.
- Fuzûlî en History of the Ottoman Empire and Modern Turkey, de Stanford J. Shaw