Friedrich Traugott Kützing

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFriedrich Traugott Kützing

Sepultura do dr. Kütz en Nordhausen
Biografía
Nacemento8 de decembro de 1807 Editar o valor em Wikidata
Ritteburg Editar o valor em Wikidata
Morte9 de setembro de 1893 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Nordhausen Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaen Nordhausen 
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Prusia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBotánica e farmacia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbotánico , ficólogo , bioquímico , farmacéutico , profesor de ensino secundario Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaKütz. Editar o valor em Wikidata

Friedrich Traugott Kützing, nado o 8 de decembro de 1807 en Ritteburg, e finado o 9 de setembro de 1892 en Nordhausen, foi un farmacéutico e botánico alemán, especializado en ficoloxía.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De mozo, traballou en varias farmacias en Alemaña, servindo tamén como axudante durante algúns semestres no instituto químico-farmacéutico de Franz Wilhelm Schweigger-Seidel en Halle. Despois estudou historia natural. Realizou expedicións florísticas no litoral de Dalmacia e Italia, e nos Alpes.

A pesar da súa escasa experiencia no que se refire á educación superior, Kützing fixo importantes contribucións científicas. En 1833 demostrou as diferenzas entre as diatomeas e desmidiales, separando así os dous grupos en familias propias.[1] Ademais, independentemente de Charles Cagniard-Latour e Theodor Schwann, foi un dos primeiros en dar respostas completas en relación aos lévedos e ao papel que xogan nas fermentacións.[2]

En 1838 era docente de ciencias naturais no colexio de Nordhausen. En 1837 foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade de Giessen e en 1843 recibiu o título de profesor. Nese mesmo ano fixo oposicións e gañou a cátedra de profesor de Botánica, permanecendo nese posto até a súa xubilación, en 1883.

En 1849 publicou Species Algarum, un amplo traballo no que fixo as descricións de 6 000 especies de algas.[3]

Epónimos[editar | editar a fonte]

Os xéneros de algas Kuetzingia Sonder, Kuetzingiella Kornmann e Kuetzingina Kuntze foron así nomeados na súa honra.

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Kütz. emprégase para recoñecer a Friedrich Traugott Kützing como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 6. Diatoms as siliceous and two-shelled cells Marginalia nº 1. en diatom.org (en inglés).
  2. Early Research on Fermentation (en inglés).
  3. Pharmazeutische Zeitung Friedrich Traugott Kützing, Apotheker und bedeutender Botaniker.
  4. Kütz. – Friedrich Traugott Kützing (1807-1893) no IPNI.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • George Papenfuss: "Kützing, Friedrich Traugott", no Dictionary of Scientific Biography, Tomo 6, pp. 533–534.