Franco Platero
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 22 de xullo de 1992 (31 anos) San Juan, Arxentina | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Arxentina | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | xogador de hóckey a patíns | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | hóckey a patíns | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Matías Jonathan Platero |
Franco Emanuel Platero Figueroa, nado en San Juan o 22 de xullo de 1992, é un xogador de hóckey a patíns arxentino, que xoga de defensa-medio no Oliveirense da Liga portuguesa.
É irmán de Matías Platero, xogador do Sporting de Portugal e curmán de Mario Rodríguez, do CP Grosseto.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Tras deixar a súa Arxentina natal recalou en Italia, onde debutou co Amatori Lodi na liga italiana na tempada 2013/14. Tras gañar a Copa de Italia na tempada 2015/16, a Supercopa e a liga na tempada seguinte, fichou polo Hockey Breganze para a tempada 2017/18. Xogou unha soa tempada no club do Véneto, xogando as semifinais da Copa CERS, onde o equipo caeu eliminado fronte ao Lleida de Bruno e Roberto Di Benedetto.[1] En 2018 fichou polo Forte dei Marmi, co que conquistou unha nova liga italiana.[2]
Ao ano seguinte instalouse en Galicia para xogar no Deportivo Liceo. Co equipo de Juan Copa acabou subcampión da OK Liga nas tempadas 2019/20 e 2020/21, nos dous casos por detrás do FC Barcelona,[3] e conquistou a Copa do Rei de 2021, despois de derrotar ao equipo catalán na final.[4] Uns días despois da final da Copa anunciouse a súa marcha do equipo coruñés para fichar polo Oliveirense portugués.[5]
Palmarés[editar | editar a fonte]
Amatori Lodi[editar | editar a fonte]
- Liga italiana (1): 2016/17.
- Copa de Italia (1): 2015/16.
- Supercopa de Italia (1): 2016.
Forte dei Marmi[editar | editar a fonte]
- Liga italiana (1): 2018/19.
HC Liceo[editar | editar a fonte]
- Copa do Rei (1): 2021.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "OC Barcelos - ICG Software Lleida, la gran final de la Copa CERS" (en castelán). 28 de abril de 2018. Consultado o 2 de decembro de 2020.
- ↑ "El campeón de la Liga y de la Supercopa espera al Liceo". El Ideal Gallego (en castelán). 16 de outubro de 2019. Consultado o 2 de decembro de 2020.
- ↑ "La FEP da por finalizada la competición de la OK Liga". DxT Campeón (en castelán). 3 de maio de 2020. Consultado o 2 de decembro de 2020.
- ↑ "O Liceo gaña a décima Copa do Rei". 13 de xuño de 2021. Consultado o 18 de xuño de 2021.
- ↑ "Franco Platero, Fabri Ciocale e o Liceo separan os seus camiños". Hockey Club Liceo da Coruña. 17 de xuño de 2021. Consultado o 18 de xuño de 2021.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey a patíns |