Amatori Lodi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Amatori Wasken Lodi
Amatori 15 1 05.JPG
CidadeLodi, Italia Italia
Historia1965-96
Refundado en 1999
Fundado1965
PavillónPalazzetto dello Sport "Eugenio Castellotti" (2.655)
PresidenteRoberto Citterio
AdestradorNuno Resende
CompeticiónSerie A1
Títulos
Copa CERS1 (1987)
Recopa de Europa1 (1994)
Scudetti3 (1981, 2017, 2018)
Copas de Italia3 (1978, 2011, 2016)
Supercopas de Italia2 (2016, 2018)
Copas da Liga1 (2010)
Cores          Vermello e amarelo
Sitio web
Sitio web oficial

O Amatori Lodi é un equipo italiano de hóckey a patíns da localidade de Lodi que xoga na Serie A1 italiana e foi fundado en 1965. Xoga os seus partidos como local no Palazzetto dello Sport Eugenio Castellotti, cunha capacidade para 2.655 espectadores.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu primeiro título acadouno en 1978 ao alzarse coa Copa de Italia, na tempada 1980-81 acadaba a Liga, feito que lle permite disputar a Copa de Europa de hóckey sobre patíns do ano 1982, chegando á final, que perdería fronte ao FC Barcelona. Posteriormente, en 1987 gaña a Copa CERS ao derrotar ao CE Noia na final.

Na tempada 1994 gaña a Recopa de Europa de hóckey sobre patíns, derrotando ao CP Voltregà na final. Nas tempadas 1995 e 1996 tamén disputa a final da Recopa de Europa, mais nestas dúas ocasións foi derrotado polo Roller Monza e o H.C. Liceo, respectivamente.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]