Francisco Zas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrancisco Zas
Biografía
Nacemento19 de febreiro de 1972 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntaekwondista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
DeporteTaekwondo Editar o valor em Wikidata
Participou en
2000Xogos Olímpicos de 2000
1993Campeonato Mundial de Taekwondo de 1993 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Francisco Javier Zas Couce, nado na Coruña o 19 de febreiro de 1972, é un ex-taekwondista galego. Foi campión de Europa, seis veces campión de España e competiu nos Xogos Olímpicos de 2000 en Sydney.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a practicar taekwondo da man do adestrador Manuel Barreto, que lle ofreceu unha bolsa para se adestrar no seu ximnasio da Coruña, o Gimnastic Center.[1] En 1987 proclamouse campión de España de peso galo en categoría júnior e foi preseleccionado para os Xogos Olímpicos de 1988 en Seúl, aínda que finalmente non foi escollido.[2] En xuño de 1988, na capital turca de Ancara, proclamouse subcampión de Europa júnior do peso pluma.[3]

Posteriormente recibiu unha bolsa para se preparar na Residencia Joaquín Blume de Madrid e foi subcampión de España en 1989, no peso galo.[4] En 1991 proclamouse campión de España en peso pluma, ao vencer na final a Hipólito Rodríguez,[5] e repetiu título en 1993.[6] Tamén en 1993 logrou o ouro na Copa de Europa e nos Xogos Mundiais da Haia,[7] e o bronce no Campionato do Mundo celebrado en Nova York.[8]

En 1994 foi subcampión de España e campión de Europa no certame disputado en Zagreb.[9] En 1995 proclamouse campión de España por terceira vez, revalidando o título ao ano seguinte, no que ademais foi medalla de bronce no Campionato de Europa disputado en Helsinqui. En 1998, 1999 e 2000, gañou tres novos Campionatos de España e clasificouse para os Xogos Olímpicos de 2000 en Sydney. Antes da cita olímpica foi medalla de bronce tanto no Campionato do Mundo de 1999 disputado en Edmonton, como no Campionato de Europa de 2000 celebrado en Patras.

Xa nos Xogos Olímpicos caeu na primeira rolda contra o australiano Carlo Massimino, nun combate no que ademais rompeu o ligamento cruzado anterior, rematando así a súa carreira deportiva.[10][11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Francisco Zas, campeón de España de taekwondo, comenzó en el deporte con una beca". La Voz de Galicia (en castelán). p. 52. 
  2. "El coruñés Francisco Zas ha sido preseleccionado para los Juegos Olímpicos de Seúl-88". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 2 de xaneiro de 1988. p. 36. 
  3. "El coruñés Francisco Zas, subcampeón de Europa júnior". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de xuño de 1988. p. 55. 
  4. "La gallega Concepción Orellana se proclamó campeona de España". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de febreiro de 1989. p. 55. 
  5. "Francisco Zas y María Jesús Rodríguez, campeones de España". La Voz de Galicia (A Coruña ed.). 11 de marzo de 1991. p. 41. 
  6. "Cortegoso y Zas, campeones de España". La Voz de Galicia (A Coruña ed.). 16 de marzo de 1993. p. 45. 
  7. "Resultados dos Xogos Mundiais de 1993". theworldgames.org (en inglés). Consultado o 2 de setembro de 2021. 
  8. "Campionato do Mundo de 1993". wtf.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 6 de xuño de 2012. Consultado o 2 de setembro de 2021. 
  9. "Francisco Zas, campeón de Europa de taekwondo". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de outubro de 1994. p. 50. 
  10. "Resultados Sydney 2000". la84.org (en inglés). Consultado o 2 de setembro de 2021. 
  11. "Un error arbitral deja KO al taekwondo gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de setembro de 2000. Consultado o 2 de setembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]