Francisco José Prieto
Francisco | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 18 de agosto de 1968 |
Lugar de nacemento | Ourense |
Nacionalidade | España |
Relixión | Igrexa católica |
Alma máter | Pontificia Universidade Gregoriana e Universidade Pontificia de Salamanca |
Ocupación | sacerdote católico |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Francisco José Prieto | |
---|---|
![]() |
Francisco José Prieto Fernández, nado en Ourense o 18 de agosto de 1968, é un sacerdote católico galego, na actualidade bispo auxiliar en Santiago de Compostela.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Francisco José Prieto estudou filosofía e teoloxía no seminario de Ourense e na Universidade de Navarra. Despois de proseguir os estudos na Pontificia Universidade Gregoriana, obtivo a licenciatura en patrística. O 26 de xuño de 1993 foi ordenado crego na catedral de Ourense.[1]
Despois dunha breve actividade como capelán, de 1995 a 1996 foi educador do colexio masculino da diocese de Ourense, onde deu clase de patroloxía e orixes do cristianismo, de metodoloxía científica, de cristoloxía e de marioloxía, e mais profesor asociado da Universidade Pontificia de Salamanca. Despois, traballou en varias parroquias da provincia de Ourense como crego (Ourense cidade, Chaguazoso, Manzalvos, Cádavos, Castromil, até 1997), de Vilar de Astrés (até 2001), e do Reino, Torcela, A Corna e Coiras[2], ademais como párroco do mosteiro de San Xosé en Vilar de Astrés.
De 1998 a 2020 dirixiu o Centro de Estudos Teolóxicos a Distancia e de 2009 a 2012 a Escola Diocesana de Teoloxía. De 2007 a 2019 foi profesor do instituto teolóxico de Ourense. Desde 2012 foi o responsable de "nova evanxelización" co cargo de vigairo episcopal, até que foi nomeado bispo auxiliar de Santiago de Compostela e bispo titular da diocese de Vergi, o 28 de xaneiro de 2021[2]. O papa que o nomeou bispo auxiliar foi Francisco.[1] A consagración episcopal foi o 10 de abril de 2021 nunha cerimonia presidida polo monseñor Julián Barrio[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "Nomina di Vescovo Ausiliare dell’Arcidiocesi Metropolitana di Santiago de Compostela (Spagna)" (en italiano). 28 de xaneiro de 2021. Consultado o 28 de xaneiro de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 "El sacerdote Francisco José Prieto, nombrado obispo auxiliar de Santiago de Compostela - Conferencia Episcopal Española" (en castelán). 2021-01-28CET12:00:55+01:00. Consultado o 2021-03-11.
- ↑ archicompostela_org (2021-04-10). "Monseñor Barrio: “Vés a unha comunidade na que sentirás a necesidade de querela porque te sentirás fondamente querido”". Archidiócesis de Santiago de Compostela (en castelán). Consultado o 2021-04-10.