Saltar ao contido

Pancho Casal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Francisco Casal Vidal»)
Modelo:BiografíaPancho Casal

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1955 Editar o valor en Wikidata (68/69 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Pontificia Comillas Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0142792 BUSC: casal-pancho-1955 Editar o valor en Wikidata

Francisco Casal Vidal, coñecido como Pancho Casal, nado na Coruña en 1955, é un enxeñeiro, produtor cinematográfico e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Enxeñeiro Superior Eléctrico (1977) pola Universidade Pontificia Comillas. Traballou como enxeñeiro e produtor audiovisual. Foi director técnico de varias empresas e xefe de mantemento das centrais hidráulicas de Unión Fenosa.

Director xeral e produtor executivo de Continental Produciones, realizou a produción de numerosos filmes como Continental (1989), Inés de Portugal (1996), Frontera Sur (1997), Cando volvas ó meu lado (1998), Fisterra (1998), La rosa de piedra (1999), Sé quien eres (1999), Trece badaladas (2002), Os luns ó sol (2002), A vida que che espera (2004), Para que non me esquezas (2005), Abrígate 2007), A crise carnívora (2007), De profundis (2007), Agallas (2009) ou Eduardo Barreiros, o Henry Ford galego (2011), entre outros, ademais de series como Maridos e mulleres ou O Faro.

Membro de Podemos, nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016 foi elixido deputado por En Marea pola provincia da Coruña. En 2018 abandonou Podemos permanecendo como deputado independente de En Marea. Foi portavoz de En Marea na Comisión Parlamentaria de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo e responsable da área de Benestar Animal. Nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 foi o candidato á Xunta de Galicia por Marea Galeguista,[1] formación que non obtivo representación parlamentaria.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]