Para que non me esquezas
| Para que non me esquezas | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||||
|
Instancia de
| |||||||
|
Xénero
| |||||||
|
Lingua orixinal
| |||||||
| Autoría | |||||||
|
Director/a
| |||||||
|
Guionista
| |||||||
|
Director/a fotografía
| |||||||
|
Editor/a de cine
| |||||||
|
Deseñador/a produción
| |||||||
|
Deseñador/a vestiario
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
Para que non me esquezas (en castelán: Para que no me olvides) é unha coprodución galega da directora Patricia Ferreira Mañá do ano 2005. Trátase dun drama de 100 minutos de duración producido por Canal +, Continental Producciones, S.A., TVG e TVE e subvencionado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
Con Fernando Fernán Gómez, Emma Vilarasau e Roger Coma nos papeis protagonistas, o elenco conta tamén con actores galegos coma Carlos Blanco, Víctor Mosqueira, Mónica García, Gonzalo Uriarte, Celso Bugallo, Antonio Mourelos e Mercedes Castro.
A rodaxe tivo lugar entre Madrid e A Coruña entre o 2 de febreiro e o 27 de marzo de 2004. Estreouse o 18 de febreiro de 2005.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Para que non me esquezas narra a historia dunha muller, Irene (Emma Vilarasau), que convive sen problemas co seu pai Mateo (Fernando Fernán Gómez) e co fillo, David (Roger Coma), de 22 anos. A relación con este último desenvólvese sen problemas ata que el, un brillante estudante da carreira de Arquitectura, decide marchar a vivir coa moza Clara (Marta Etura), unha rapaza que gaña a vida como caixeira dun supermercado. A Irene cústalle comprender e aceptar a decisión do fillo.
Equipo técnico
[editar | editar a fonte]- Dirección artística: Federico G. Cambero e Félix Murcia
- Figurinista: Bina Daigeler
- Maquillaxe: Karmele Soler
- Peiteado: Itziar Arrieta
- Produción: Pancho Casal
- Produción Executiva: Gerardo Herrero
- Xefatura de son: Mark van der Willigen
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Premio Sant Jordi á mellor actriz española (Emma Vilarasau)
- Premio Turia especial a Patricia Ferreira.
- Premio Turia á mellor actriz (Emma Vilarasau)
- Nomeamento ó premio Goya á mellor actriz (Emma Vilarasau)
- Nomeamento ó Premio Goya á mellor actriz secundaria (Marta Etura)
- Nomeamento ó Premio Goya á mellor dirección artística (Félix Murcia e Federico G. Cambero)
- Nomeamento na categoría de mellor actriz catalá (Emma Vilarasau) nos Premis Butaca de teatre i cinema de Catalunya.
- Nomeamento ó premio do Festival Internacional de Mar de Prata á mellor película.
- Nomeamento ó Premio do Círculo de Escritores Cinematográficos á mellor actriz secundaria (Marta Etura)
- Participante na Sección Oficial do Festival Internacional de Cine de Berlín (2005).
- Premio do Público no Festival de Tolosa (Francia) (2005).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Para que no me olvides" (en galego, castelán, e inglés). Arquivado dende o orixinal (Web oficial) o 09 de outubro de 2007. Consultado o 05 de xullo de 2018.
- Consello da Cultura Galega