A crise carnívora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A crise carnívora
Ficha técnica
Título orixinalLa crisis carnívora
DirectorPedro Rivero
ProdutorPancho Casal
Jordi Mendiera
Pedro Rivero
GuiónPedro Rivero
Egoitz Moreno
IntérpretesEnrique San Francisco
José Coronado
Pablo Carbonell
Pedro Reyes
Álex Angulo
Mario Pardo
Carlos Sobera
Joaquín Reyes
MúsicaDaniel Tejerina
DistribuidoraLatido Films
EstreaEspaña 16 de maio de 2008
Galicia 16 de maio de 2008
Duración80 minutos
OrixeEspaña España
XéneroAnimación, Comedia
Orzamento€1 500 000[1]

A crise carnívora (en castelán: La crisis carnívora) é un filme de animación español dirixido por Pedro Rivero e protagonizado por Enrique San Francisco, que foi estreado no 2008. É unha produción de Continental Animación, Abrakam Estudio, Dream e Semprecinema que conta axuda da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, ICAA e a participación de TVG, TV3 e ETB.

Estreouse en galego nalgúns cines de Galicia (Filmax da Coruña, Termas de Lugo, Área Central de Santiago e Gran Vía de Vigo) o 16 de maio de 2008.[2] Foi o primeiro filme realizado en animación flash. A animación foi feita por Nikodemo, os responsables da serie de éxito da Internet Cálico Electrónico. Antes da proxección do filme proxectouse un capítulo inédito de devandita serie.

Argumento[editar | editar a fonte]

Grazas ó Pacto Vexetariano, tódolos animais conviven en paz e harmonía. Todos menos un: a hiena Crevel, que vive coa angustiosa sensación de non volver a probala carne. Decidido a calmalo seu bandullo, unha noite Crevel acode ó cemiterio disposto a devoralos cadáveres, pero non pode facelo, porque non hai ningún. O león Pérsicus e o seu consigliere, o tigre Altaicus, organizaron toda unha rede alimenticia cos defuntos para manter os seus hábitos carnívoros. Ó ser descubertos, acusan a Crevel da brutal profanación, obrigándoo a fuxir da ira dos herbívoros. Pero Crevel regresará do exilio cun plan para derrocar ós felinos. Oculto baixo un disfrace do xabarín Willy, propón ós herbívoros unha gran alianza para tomalo poder, valéndose do recordo dun heroe lendario que se enfrontou no seu día ó consigliere Altaicus: o lobo Wolfeimer.

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Receptor Resultado
2008 Mellor filme de animación Continental Producciones Nomeado

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]