Joven Socialista
Aparencia
Joven Socialista | |
---|---|
Fundación | 1935 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | A Coruña |
Descrito por | Enciclopedia Galega Universal |
[ editar datos en Wikidata ] |
Joven Socialista foi un periódico editado na Coruña entre 1935 e 1936.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Semanario Órgano de la Juventud Socialista de La Coruña, apareceu o 27 de outubro de 1935. Publicábase os domingos. Era o voceiro das Juventudes Socialistas da Coruña. Estaba dirixido por Luís Tato Vento e nel colaboraban socialistas como France García García. Constaba de catro páxinas, tres delas dedicadas a publicar noticias ou entrevistas do Servizo de prensa da editorial Renovación, da Federación Nacional de Juventudes Socialistas. Na cuarta incluíanse comentarios de actualidade local e avisos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Joven Socialista". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Joven Socialista: Semanario Órgano de la Juventud Socialista de La Coruña" (27/8/2011). La niña del exorcista (en castelán).