François Davo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de setembro de 1966 (58 anos) Le Mans, Francia |
Formación profesional | Letras e Civilizacións Ibéricas |
Actividade | |
Ocupación | poeta |
Xénero artístico | Poesía e tradución |
François Alain Davo, nado en Le Mans o 26 de setembro de 1966, é un escritor, tradutor e profesor francés en lingua galega e francesa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Letras e Civilizacións Ibéricas pola Universidade da Sorbona (París). Entre 1987 e 1989 dirixiu a revista Azertyuiop en París. Foi cofundador da Asociación Amigos de Azertyuiop (editora dos Cadernos de Azertyuiop) en 1995, xunto a Dulce Fernández Graña, Alfredo Ferreiro e Tati Mancebo, na Coruña. Colaborou con poemas na revista Luzes de Galiza. Actualmente é profesor de francés no IES Plurilingüe Eusebio da Guarda da Coruña. Reside permanentemente na Galiza desde o ano 2000.
Obras
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Diario de la lluvia, 1994, Sociedad de Cultura Valle-Inclán. Existe unha edición bilingüe (2021) con tradución ao galego de Dulce Fernández Graña.[1]
- A areia que transforma punhos e conversas, con Alfredo Ferreiro, 1995, Os Cadernos de Azertyuiop.
- O inmóbil impaciente, 1997, edición bilingüe galego-francés, Espiral Maior, con tradución ao galego de Dulce Fernández Graña.
- 4 voltas, 2014, libro de artista, con gravados de Tono Galán.
- Recollendo escombros, 2015, libro electrónico, e-book, Sermos Galiza.
- Sous le regard des saisons, poesía postal, edición de artista, 2016.
- Ónix, abrollar, 2018, Espiral Maior.
Literatura infanto-xuvenil
[editar | editar a fonte]- Carta de Re, 2019, libro de artista, con Sol Davo Fernández, A-Lenta Editora/Manchea.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- 7 poetas, 1995, con Pedro Casteleiro, Alfredo Ferreiro, Mário Herrero, José António Lozano, Tati Mancebo e Luís Maçãs.
- Bestiario, 1998, Edicións do Dragón.
- Encontro en Puruchuco, carpeta de artista da exposición, 2010 (con fotos de Gustavo García Roig).
- Elos, de Paula Gómez del Valle, 2011, Morgante. Con Txiki Calvo e Rodrigo Varela.
- O mundo habitado, carpeta de artista da exposición, 2012 (con fotos de Gustavo García Roig).
- 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico).
Traducións
[editar | editar a fonte]- Inés de Castro, de Madame de Genlis, con Dulce Fernández Graña, 1997, Espiral Maior. Do francés para o galego.
- As palabras, de Jean-Paul Sartre, con Dulce Fernández Graña, 1999, Laiovento, reeditado en 2005 por La Voz de Galicia. Do francés para o galego.
- As auténticas memorias da Bela Otero, de Caroline Otero, con Dulce Fernández Graña, 2001, Xerais. Do francés para o galego.
- Les Certitudes du climat, de Miguel Anxo Fernán-Vello, 2005, Espiral Maior. Do galego para o francés.
- Anthologie poétique, de Ánxeles Penas, 2006, Espiral Maior. Do galego para o francés
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Esquío de poesía en castelán no ano 1993, por Diario de la lluvia.
- 3º Premio Concurso Internacional haikus da CEO-FIPF/Embaixada do Xapón en Bruxelas no ano 2021.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Diario da choiva / Diario de la lluvia". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-10.