Fotobioloxía
Fotobioloxía é o estudo científico das interaccións beneficiosas e nocivas da luz (tecnicamente, radiación non-ionizante) en organismos viventes.[1] O campo inclúe o estudo de fotofísica ou fotobiofísica, fotoquímica ou fotobioquímica, fotosíntese, fotomorfoxénese, procesamento visual, ritmos circadianos, fotomovemento, bioluminescencia, e efectos de radiación ultravioleta.[2]
A división entre radiación ionizante e radiación non ionizante normalmente considérase unha enerxía de fotón superior a 10 eV,[3] que corresponde aproximadamente á primeira enerxía de ionización do osíxeno e á enerxía de ionización do hidróxeno, a uns 14 eV.[4]
Cando os fotóns entran en contacto con moléculas, estas poden absorber a enerxía dos fotóns e excitarse. Despois poden reaccionar con moléculas ao seu redor e estimular cambios "fotoquímicos " e "fotofísicos" das estruturas moleculares.[1]
Fotofísica
[editar | editar a fonte]A fotofísica[5] é a área da fotobioloxía que se centra nas interaccións físicas da luz e da materia. Cando as moléculas absorben fotóns que coinciden cos seus requirimentos enerxéticos, promoven un electrón de valencia dun estado fundamental a un estado excitado e fanse moito máis reactivos. Este é un proceso extremadamente rápido, pero moi importante para diferentes procesos.[5]
Fotoquímica
[editar | editar a fonte]A área da fotobioloxía coñecida como fótoquímica estuda a reactividade dunha molécula cando absorbe a enerxía que procede da luz[5]. Tamén estuda o que ocorre con esta enerxía, podería desprenderse como calor ou fluorescencia polo que a molécula volve ao estado fundamental.
Hai tres leis básicas da fotoquímica:
- Primeira Lei da Fotoquímica: explica que para que poida ocorrer a fotoquímica hai que absorber a luz.
- Segunda Lei da Fotoquímica: explica que só se activará unha molécula por cada fotón que se absorba.
- Lei de Bunsen-Roscoe da Reciprocidade: explica que a enerxía nos produtos finais dunha reacción fotoquímica será directamente proporcional á enerxía total que foi absorbida inicialmente polo sistema.
Fotobioloxía vexetal
[editar | editar a fonte]O crecemento e desenvolvemento das plantas depende moito da luz. A fotosíntese é un dos procesos bioquímicos máis importantes para a vida na terra e é posible só debido á capacidade das plantas para usar a enerxía dos fotóns e convertela en moléculas como NADPH e ATP, para despois fixar o dióxido de carbono e convertelo en azucres. As plantas poden usalas para o seu crecemento e desenvolvemento.[6] Pero a fotosíntese non é o único proceso vexetal impulsado pola luz, outros procesos como a fotomorfoloxía e o fotoperíodo das plantas son extremadamente importantes para a regulación do crecemento vexetativo e reprodutivo, así como para a produción de metabolitos secundarios das plantas.[7]
Fotosíntese
[editar | editar a fonte]A fotosíntese defínese como unha serie de reaccións bioquímicas que realizan as células fototróficas para transformar a enerxía da luz en enerxía química e almacenala en enlaces carbono-carbono dos hidratos de carbono.[8] Como é ben coñecido, este proceso ocorre dentro do cloroplasto das células vexetais fotosintéticas onde se poden atopar pigmentos absorbentes de luz incrustados nas membranas das estruturas chamadas tilacoides. Hai 2 pigmentos principais presentes nos fotosistemas das plantas superiores: clorofila (a ou b) e carotenos.[6] Estes pigmentos están organizados para maximizar a recepción e transferencia de luz, e absorben lonxitudes de onda específicas para ampliar a cantidade de luz que se pode capturar e usar para as reaccións foto-redox.
Radiación fotosintéticamente activa (Photosynthetically Active Radiation, PAR)
[editar | editar a fonte]Debido á cantidade limitada de pigmentos nas células fotosintéticas das plantas, hai un rango limitado de lonxitudes de onda que as plantas poden usar para realizar a fotosíntese. Este rango chámase "Radiación Fotosintéticamente Activa" (PAR, polas siglas en inglés)". Este rango é interesantemente case o mesmo que o espectro visible humano e esténdese en lonxitudes de onda de aproximadamente 400-700 nm.[9] A PAR mídese en μmol s-1 m-2 e mide a velocidade e a intensidade da luz radiante en termos de micro-moles por unidade de superficie e tempo que as plantas poden empregar para a fotosíntese.[10]
Fotomorfoxénese
[editar | editar a fonte]Este proceso refírese ao desenvolvemento da morfoloxía dos seres vivos en interacción coa luz; en particular o desenvolvemento da morfoloxía das plantas mediada pola luz é controlada por 5 fotorreceptores distintos: UVR8, Criptocromo, Fototropina, Fitocromo r e Fitocromo fr.[11] A luz pode controlar procesos morfoxénicos como o tamaño das follas e o alongamento do brote.
Diferentes lonxitudes de onda de luz producen diferentes cambios nas plantas.[12] A luz infravermella, por exemplo, regula o crecemento do tallo e o enderezamento dos brotes de plántulas que saen do chan.[13] Algúns estudos tamén afirman que a luz vermella e infravermella aumenta a masa de enraizamento dos tomates[14], así como a porcentaxe de enraizamento das vides.[15] Por outra banda, a luz azul e UV regulan a xerminación e o alongamento da planta, así como outros procesos fisiolóxicos como o control estomático[16] e as respostas ao estrés ambiental.[17] Finalmente, críase que a luz verde non estaba bio-dispoñíbel para as plantas debido á falta de pigmentos que absorberan esta luz. Non obstante, no 2004 comprobouse que a luz verde pode influír na actividade estomática, o alongamento do talo das plantas novas e a expansión das follas.[18]
Metabolitos vexetais secundarios
[editar | editar a fonte]Estes compostos son produtos químicos que as plantas producen como parte dos seus procesos bioquímicos e axúdanlles a realizar certas funcións, así como a protexérense de diferentes factores ambientais. Neste caso, algúns metabolitos como as antocianinas, flavonoides e carotenos poden acumularse nos tecidos vexetais para protexelos da radiación UV e dunha intensidade de luz moi alta.[19]
Fotobiólogos
[editar | editar a fonte]- Thomas Patrick Coohill, expresidente da American Society for Photobiology
- Harold F. Blum, que explorou o cancro de pel inducido pola luz solar
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Smith, Kendrick C. (2014). "What Is Photobiology?"". Photobiology (en inglés). 2014. Consultado o 2 de agosto de 2018.
- ↑ Smith, Kendric. The Science of Photobiology. Springer Science & Business Media. ISBN 9781461580614.
- ↑ Jerry L. Ulcek (Agosto 1999). "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de outubro de 2011. Consultado o 29 de maio de 2021.
- ↑ ""Ionisation Energy"". Chemguide.co.uk; Jim Clark. 2000.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "BASIC PHOTOPHYSICS". Photobiology.info. Consultado o 2019-11-24.
- ↑ 6,0 6,1 Eichhorn Bilodeau, Samuel; Wu, Bo-Sen; Rufyikiri, Anne-Sophie; MacPherson, Sarah; Lefsrud, Mark (2019-03-29). "An Update on Plant Photobiology and Implications for Cannabis Production". Frontiers in Plant Science. (en inglés) 10. ISSN 1664-462X. PMC 6455078. PMID 31001288. doi:10.3389/fpls.2019.00296.
- ↑ Lefsrud, Mark G.; Kopsell, Dean A., Sams, Carl E. (Decembro 2008). "irradiance from Distinct Wavelength Light-emitting Diodes Affect Secondary Metabolites in Kale". HortScience 43: 2243–2244. ISSN 0018-5345. doi:10.21273/hortsci.43.7.2243.
- ↑ Cooper, Geoffrey M. (2018). The cell : a molecular approach (en inglés). ISBN 9781605357072. OCLC 1085300153.
- ↑ McCree, K.J., KJ (Xaneiro 1971). "The action spectrum, absorptance and quantum yield of photosynthesis in crop plants". Agricultural Meteorology 9: 191–216. ISSN 0002-1571. doi:10.1016/0002-1571(71)90022-7.
- ↑ Young, Andrew John (Decembro 1991). "The photoprotective role of carotenoids in higher plants". Physiologia Plantarum 83: 702–708. ISSN 0031-9317. doi:10.1034/j.1399-3054.1991.830426.x.
- ↑ Pocock, Tessa (Setembro 2015). "Light-emitting Diodes and the Modulation of Specialty Crops: Light Sensing and Signaling Networks in Plants". HortScience 50: 1281–1284. ISSN 0018-5345. doi:10.21273/hortsci.50.9.1281.
- ↑ "Scandola PhD, Sabine. "Photobiology: Plant Light Matters"". G2V Optics (en inglés).
- ↑ McNellis, Timothy W.; Deng, Xing-Wang, Deng, Xing-Wang (Novembro 1995). "Light Control of Seedling Morphogenetic Pattern". The Plant Cell 7: 1749. ISSN 1040-4651. JSTOR 3870184. doi:10.2307/3870184.
- ↑ Vu, Ngoc-Thang, Kim, Young-Shik; Kang, Ho-Min; Kim, Il-Seop (Febreiro 2014). "Influence of short-term irradiation during pre- and post-grafting period on the graft-take ratio and quality of tomato seedlings". Horticulture, Environment, and Biotechnology 55: 27–35. ISSN 2211-3452. doi:10.1007/s13580-014-0115-5.
- ↑ Poudel, Puspa Raj, Kataoka, Ikuo; Mochioka, Ryosuke (2007-11-30). "Effect of red- and blue-light-emitting diodes on growth and morphogenesis of grapes". Plant Cell, Tissue and Organ Culture 92: 147–153. ISSN 0167-6857. doi:10.1007/s11240-007-9317-1.
- ↑ Schwartz, A., Zeiger, E. (Maio de 1984). "Metabolic energy for stomatal opening. Roles of photophosphorylation and oxidative phosphorylation". Planta 161: 129–136. ISSN 0032-0935. doi:10.1007/bf00395472.
- ↑ Goins, G.D., Yorio, N.C.; Sanwo, M.M.; Brown, C.S. (1997). ""Photomorphogenesis, photosynthesis, and seed yield of wheat plants grown under red light-emitting diodes (LEDs) with and without supplemental blue lighting".". Journal of Experimental Botany 48: 1407–1413. ISSN 0022-0957. doi:10.1093/jxb/48.7.1407. Consultado o free.
- ↑ Folta, Kevin M. (Xullo 2004). Green Light Stimulates Early Stem Elongation, Antagonizing Light-Mediated Growth Inhibition1. American Society of Plant Biologists. OCLC 678171603.
- ↑ Demmig-Adams, Barbara (2014-11-22). Non-Photochemical Quenching and Energy Dissipation in Plants, Algae and Cyanobacteria. ISBN 978-94-017-9032-1. OCLC 1058692723.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fotobioloxía |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Contaminación lumínica
- Ritmo circadiano
- Efectos da luz sobre o ritmo circadiano
- Fototerapia
- Terapia da escuridade
- Fotobiomodulación
- Fotoquímica