Saltar ao contido

Cancro de pel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cancro de pel
Clasificación e recursos externos
Cancro de pel.
ICD-10C43-C44
ICD-9172, 173
ICD-O:8010-8720
MedlinePlus001442
eMedicinearticle/276624, article/870538, article/1100753, article/1965430
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

cancro de pel é unha afección pola que se forman células malignas (cancerosas) nos tecidos da pel. Hai diferentes tipos de cancro que se poden estender por outras partes do corpo.[1] A cor da pel e estar exposto á luz solar poden aumentar o risco de presentar cancro de pel non melanoma e queratose actínica.[2]

Epidemioloxía

[editar | editar a fonte]
Mortalidade por cancro de pel (2004).[3]

O principal factor de risco para desenvolver un cancro de pel son os chamados raios ultravioleta procedentes da luz solar, que producen mutacións no ADN das células que se acumulan durante anos.[4]

Tipos de cancro de pel

[editar | editar a fonte]

O cancro de pel é a forma máis común de cancro, representando globalmente o 40% de tódolos casos.[5][6] Hai tres tipos principais de cancro de pel:

  • Melanoma de pel; é o máis agresivo dos cancros de pel.[7][8]
  • Carcinoma basocelular ou carcinoma de células basais: Tipo de cancro da pel que se orixina nas células basais. Estas son células pequenas e redondas situadas na parte máis baixa (ou base) da epiderme, que é a capa máis externa da pel.
  • Carcinoma espinocelular ou carcinoma de células escamosas: cancro que comeza nas células escamosas, que son células delgadas e planas que se parecen ás escamas dos peixes. As células escamosas atópanse no tecido que forma a superficie da pel, o recubrimento dos órganos ocos do corpo, como os condutos dos aparellos respiratorio e dixestivo. Tamén se chama carcinoma epidermoide.
  1. "Defining Cancer". National Cancer Institute. Consultado o 10 de xuño de 2014. 
  2. "Skin Cancer Treatment (PDQ®)". NCI. 25 de outubro de 2013. Consultado o 30 de xuño de 2014. 
  3. "WHO Disease and injury country estimates". World Health Organization. 2009. Consultado o Nov. 11, 2009. 
  4. National Cancer Institute - Common Cancer Types
  5. Cakir, BÖ; Adamson, P; Cingi, C (novembro de 2012). "Epidemiology and economic burden of nonmelanoma skin cancer.". Facial plastic surgery clinics of North America 20 (4): 419–22. PMID 23084294. doi:10.1016/j.fsc.2012.07.004. 
  6. Dubas, LE; Ingraffea, A (febreiro de 2013). "Nonmelanoma skin cancer.". Facial plastic surgery clinics of North America 21 (1): 43–53. PMID 23369588. doi:10.1016/j.fsc.2012.10.003. 
  7. Oliveria S, Saraiya M, Geller A, Heneghan M, Jorgensen C. "Sun exposure and risk of melanoma" (2). PMID 16326797. doi:10.1136/adc.2005.086918. 
  8. [1]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.