Flora Shaw

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Flora Shaw
Nome de nacementoFlora Louise Shaw
Nacemento19 de decembro de 1852
Lugar de nacementoWoolwich, Inglaterra, Reino Unido
Falecemento25 de xaneiro de 1929 (Idade 76 anos)
Lugar de falecementoSurrey, Inglaterra, Reino Unido
Causadoenza
NacionalidadeBritánica
OcupaciónXornalista, novelista
PaiGeorge Shaw
NaiMarie Desfontaines
CónxuxeSir Frederick Lugard
PremiosDama comandante da Orde do Imperio británico
Na rede
WikiTree: Shaw-22221
editar datos en Wikidata ]

Flora Louise Shaw, nada o 19 de decembro de 1852 e finada o 25 de xaneiro de 1929, foi unha xornalista e escritora británica.[1] Atribúeselle o ter acuñado o nome "Nixeria".[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Infancia[editar | editar a fonte]

Flora Louisa Shaw naceu no número 2 de Dundas Terrace, Woolwich, foi a cuarta de catorce irmáns, filla dun pai inglés, Capitán (despois Major General) George Shaw, e unha nai francesa, Marie Adrienne Josephine (nada Desfontaines; 1826–1871), unha nativa de Mauricio. Tivo nove irmás, a primeira e a última morreron na infancia, e catro irmáns. O seu avó por parte de pai foi Sir Frederick Shaw, terceiro baronete (1799–1876), de Bushy Park, Dublín, membro do parlamento de 1830 a 1848 e considerado como o líder dos conservadores irlandeses. A súa avoa por parte de pai, Thomasine Emily, foi a sexta filla de Honorable George Jocelyn e neta de Robert, o primeiro conde de Roden.[3]

Escritura para nenos[editar | editar a fonte]

Entre 1878 e 1886 Shaw escribiu cinco novelas, catro para a infancia e unha para a mocidade. Nos seus libros, as mozas son animadas a ser resoltas e valentes, mais nun encadramento tradicional, actuando como apoio de pais "cabaleirosos" e futuros maridos máis que no seu propio beneficio. A ideoloxía de Shaw é tanto sexualmente conservadora como imperialista.[4]

  • Castle Blair: A story of youthful days (Primeiro publicada en Londres, 1877)[4].
  • Hector, a story (Primeiro seriada en Aunt Judy's Magazine, 1880-1881)[4].
  • Phyllis Browne (Primeiro seriada en Aunt Judy's Magazine, 1881-1882)[4].
  • A Sea Change (Primeiro publicada en Londres, 1885)[4].
  • Colonel Cheswick's Campaign (Boston, 1886).[5].

A súa primeira novela para nenos, Castle Blair, foi traducida a varios idiomas e continuou sendo moi popular en Gran Bretaña e nos Estados Unidos no século XX. Estaba baseada nas súas propias experiencias de infancia angloirlandesa. Charlotte Yonge recomendouna xunto cos traballos de "algúns dos autores máis respectados e máis encantadores na tardía Inglaterra vitoriana " como "salvaxe ... atractiva e excitante ".[4] O crítico John Ruskin considerou Castle Blair como "boa e fermosa, e auténtica'".[6]

Shaw tamén escribiu unha historia de Australia para nenos, The story of Australia (Londres: Horace Marshall, 1897) como parte da serie Story of the Empire.[7]

Xornalismo[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira no xornalismo en 1886, escribindo para Pall Mall Gazette e o Manchester Guardian.[8] Foi enviada polo xornal Manchester Guardian como a única muller xornalista para cubrir a Conferencia contra a escravitude en Bruxelas. Converteuse en Colonial Editor para The Times, sendo a muller xornalista mellor pagada do seu tempo.[8][9] Neste sentido o xornal enviouna como correspondente especial a África do Sur en 1892 e en 1901, e a Australia e Nova Zelandia en 1892, en parte para o estudo da cuestión do traballo dos kanakas nas plantacións de azucre de Queensland. Tamén fixo dúas viaxes a Canadá, en 1893 e 1898, a segunda delas incluíu unha viaxe ás minas de ouro de Klondike.[10][11]

A súa crenza nos beneficios do Imperio Británico inspiraron a súa escritura. Como correspondente para The Times, Shaw mandou "Cartas" de 1892–93 das súas viaxes a África do Sur e Australia, as últimas publicadas en forma de libro como Letters from South Africa (1893). Escribindo para os educados círculos de goberno, centrouse nas posibilidades de crecemento económico e consolidación política desas mesmas colonias autogobernadas dentro dun Imperio Británico máis unido, unha visión en gran parte miope da forza dos nacionalismos coloniais e das propias identidades locais.[9] Estes longos artigos nun xornal diario importante revela un imaxinario metropolitano de espazo e tempo colonial dunha tardía época vitoriana. Shaw proxectou vastos espazos baleiros na espera dos enérxicos colonos ingleses e das iniciativas económicas. Observando as novas paisaxes desde un vagón dun tren, por exemplo, seleccionou imaxes que lle servirían como potentes metáforas do tempo e movemento na construción de identidades raciais.[12] A súa designación como Colonial Editor para The Times permitiulle viaxar de parte a parte do Imperio Británico.[9]

Un aspecto pouco coñecido da súa prominente carreira foi que ao inicio de comezar a escribir para The Times, escribiu baixo o nome de F. Shaw, tratando de disfrazar o feito de ser unha muller. Máis tarde foi tan valorada que non precisou esta ocultación e escribiu abertamente como Flora Shaw, e foi considerada dentro das/dos máis grandes xornalistas do seu tempo, especialmente en política e economía.

Zebehr Pasha[editar | editar a fonte]

Shaw primeiro aproveitou a oportunidade xornalística mentres visitaba os amigos da familia, os Younghusbands, en Xibraltar en 1886. Alí, durante catro meses, visitou a Zebehr Pasha, un exgobernador sudanés escravista, que fora encarcerado alí. As súas crónicas presuntamente lideraron a súa liberación.[9][13]

Jameson Raid[editar | editar a fonte]

Flora foi requirida para testificar diante da comisión de investigación da Cámara dos Comúns na Unión Surafricana durante a controversia política que rodeou a Jameson Raid no Transvaal o 29 de decembro de 1895. Flora Shaw tiña correspondencia frecuente cos implicados ou sospeitosos de implicación, incluíndo Cecil Rhodes, Leander Starr Jameson, Coronel Francis Rhodes, e o Secretario Colonial, Joseph Chamberlain. Foi exonerada de todos os cargos.[14]

Nomeando Nixeria[editar | editar a fonte]

Nun ensaio que primeiro apareceu en The Times de Londres o 8 de xaneiro 1897 por " Miss Shaw", suxeriu o nome "Nixeria" para o protectorado británico no río Níxer.[1] No seu ensaio Shaw estaba tratando de acurtar o termo que debería usarse para a "aglomeración de Estados Mahometanos e pagáns " que funcionaban baixo o título oficial, " Royal Niger Company Territories". Pensou que o termo "Royal Niger Company Territories" era demasiado longo para ser usado como o nome dun Real Estate Property baixo a Trading Company nesa parte de África. Estaba na procura dun nome novo e acuñou "Nixeria" preferíndoo a termos como "Sudán Central " que era asociado coa área por algúns xeógrafos e viaxeiros. Pensou que o termo "Sudán" nese tempo estaba asociado co territorio na cunca do Nilo, o actual Sudán. Daquela presentou este argumento en The Times de 8 de xaneiro 1897 así: "O nome Nixeria aplicado a ningunha outra parte de África pode, sen ofensa para a veciñanza, ser aceptado como co-extensivo cos territorios sobre os que a Compañía Real de Níxer foi estendendo a influencia británica, e pode servir para diferencialos igualmente das colonias de Lagos e o Protectorado Níxer na costa e dos territorios franceses do Alto Níxer."[15][16][17]

Lady Lugard[editar | editar a fonte]

Shaw estivo próxima aos tres homes máis representativos do imperio en África: Cecil Rhodes, George Goldie e Frederick Lugard.[9]

Casou, o 10 de xuño de 1902,[18] co administrador colonial, Sir Frederick Lugard, ao que en 1928 lle fora outorgado o título de Baron Lugard. Flora Shaw acompañouno cando serviu como Gobernador de Hong Kong (1907–1912) e como Gobernador-Xeneral de Nixeria (1914–1919). Non tiveron fillos.[11]

En 1905 Shaw escribiu a que quedaría como a historia definitiva do Sudán occidental e a colonización moderna da Rexión Norte de Nixeria, A Tropical Dependency: An Outline of the Ancient History of the Western Soudan, With an Account of the Modern Settlement of Northern Nigeria (Londres: Nisbet, 1905).

Mentres viviron en Hong Kong axudou o seu marido a establecer a Universidade de Hong Kong. Durante a Primeira Guerra Mundial, destacou na fundación do Comité de Refuxiados da Guerra, que tratou o problema dos refuxiados belgas, e fundou o Lady Lugard Hospitality Committee. Foi honrada no ano 1918 polo rei Xurxo V coa Orde do Imperio Británico.[11]

Morreu de pneumonía o 25 de xaneiro de 1929, aos 76 anos, en Surrey.[19]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Flora Lugard". web.archive.org. 2017-08-17. Archived from the original on 17 de agosto de 2017. Consultado o 2019-02-13. 
  2. "THE ORIGIN OF NIGERIA: GOD OF JUSTICE NOT ASSOCIATED WITH AN UNJUST POLITICAL ORDER. Appeal to President Obasanjo not to rewrite Nigerian History. (PART 1)". ReworkNigeria. 2010-01-19. Consultado o 2019-02-13. 
  3. Bell; Enid Moberly. Flora Shaw, Lady Lugard, D.B.E. data 1947. Ed. Constable. Londres. Data do acceso: 11 de outubro de 2014.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Carrington, Bridget (2009). Paths of virtue? The development of fiction for young adult girls. Roehampton University. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2014. Consultado o 02 de xuño de 2017. 
  5. Carrington, Bridget (April 2010). "Many leagues behind: Researching the history of fiction for YA girls" (PDF). Write4Children (Winchester University Press) 1 (2). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de outubro de 2014. Consultado o 12 de outubro de 2014. 
  6. "Roberts Bros' New Books". The Evolution. A Weekly Review of Politics, Religion, Science, Literature and Art. December 1878. p. 208. Consultado o 12 de outubro de 2014. 
  7. Carrintong, Bridget. Capítulo 'Good, and lovely, and true': A consideration of the contribution and legacy of Flora Shaw's fiction for children. Título: A Victorian quartet: four forgotten women writers. Data: 2008. Editor: Pied Piper. Lugar: Shenstone. Isbn=978-0-9552106-5-5
  8. 8,0 8,1 "Flora (née Shaw), Lady Lugard - Person - National Portrait Gallery". www.npg.org.uk. Consultado o 2019-02-13. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 Meyer, Karl E.; Brysac, Shareen Blair (2008). Kingmakers : the invention of the modern Middle East (1st ed.). Nova York: W.W. Norton & Co. ISBN 978-0-393-06199-4. 
  10. "From Our Own Correspondent: Flora Shaw on the Klondike". www.historytoday.com. Consultado o 2019-02-13. 
  11. 11,0 11,1 11,2 Modelo:Cite EB1922
  12. Codell, Julie F. (2003). Imperial Co-histories: National Identities and the British and Colonial Press (en inglés). Fairleigh Dickinson Univ Press. ISBN 9780838639733. 
  13. "Zebehr Pasha's story". The New York Times. 16 de outubro de 1887. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2014. Consultado o 11 de outubro de 2014. 
  14. "Catalogue of the papers of Flora Shaw, Lady Lugard". Bodleian Library. University of Oxford. Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2014. Consultado o 13 de outubro de 2014. 
  15. Shaw, Flora (8 January 1897). "Letter". The Times of London. p. 6. 
  16. Correspondent, Special (2008). "Flora Shaw gives the name Nigeria" (PDF). Hogarth Blake. Consultado o 13 de outubro de 2014. 
  17. Kwarteng, Kwasi (2012). Ghosts of Empire : Britain's Legacies in the Modern World. (1st ed.). New York: Perseus Books Group. ISBN 978-1-61039-120-7. 
  18. "Court Circular". The Times (36792). 12/6/1902. 
  19. "Flora Shaw". The Orlando Project. Cambridge University Press. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2014. Consultado o 13 de outubro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]