Flor española

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Moeda española de 50 pesetas, coa característica forma da "flor española".

Flor española é unha forma característica dalgunhas moedas contemporáneas, definida por amosar un canto liso no que se alternan unhas canles ou amosegas que configuran seccións iguais do canto.[1][2]

Orixe[editar | editar a fonte]

O nome débese á súa aprencia de pétalos dunha flor e ao feito de que a primeira moeda con esta forma fose a española de 50 pesetas emitida entre 1990 e 2000. No caso desta moeda, as canles dividían o canto en sete seccións iguais.[1][2]

Moeda de 20 céntimos de euro, con forma de "flor española".

Esta forma foi asumida posteriormente pola Unión Europea para as moedas de vinte céntimos de euro da Eurozona,[1][3] como sistema de axuda para que as persoas con deficiencia visual poidan recoñecer con facilidade moedas de tamaños próximos.[2][4]

Moedas coa forma da "flor española"[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Flor española". En Alfaro Asins, C. et al. Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7
  2. 2,0 2,1 2,2 "Spanische Blume". BTN Münzen.
  3. "La flor española". En El País. 8 de xuño de 1997.
  4. "For the visually impaired". European Central Bank.
  5. "Common sides". European Central Bank.
  6. "10 Qəpik". Numista.com
  7. "200 Tenge". Numista.com
  8. "2 Dollars". Numista.com
  9. "50 Sen". Numista.com
  10. "20 Cents - Elizabeth II". Numista.com
  11. "2 Rupees". Numista.com