Filippo Speranza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFilippo Speranza

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de xaneiro de 1839 Editar o valor em Wikidata
San Martino al Cimino (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte7 de decembro de 1903 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Roma Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Italia (1861–1903) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmedallista Editar o valor em Wikidata

Filippo Speranza, nado en Vitebo o 29 de xaneiro de 1839, ou en 1848,[1] e finado en Roma o 7 de decembro de 1903, foi un medallista e deseñador de moedas italiano, que ocupou o cargo de gravador xefe da Casa da Moeda de Roma.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filippo Speranza naceu en San Martino al Cimino, municipio de Viterbo, no Lacio, segundo uns autores o 29 de xaneiro de 1839,[2] e segundo outros en 1848.[3]

Na súa xuventude marchou a Roma, onde se formou con Paolo Mercuri no gravado de cuños, e posteriormente ingresou na Casa da Moeda de Roma, cando esta estaba aínda baixo dominio papal. Naquel período traballou con gravadores xa consagrados como Zaccagnini e Bianchi. En 1867 fixo alí as súas primeiras creacións como artista gravador,[4] por encarga do Estado Pontificio: unha moeda prata de 2½ liras emitida a nome do papa Pío IX,[5] e unha medalla concedida polo mesmo papa,[6] polos servizos prestados durante a epidemia do ano anterior.[2][3]

Moeda dunha lira, Vítor Manuel III (1901).[7]

Pouco despois da unificación italiana, a Ceca de Roma pasou a ser a única autorizada para cuñar a moeda do novo Reino de Italia, na que Speranza exerceu o cargo de grabador xefe, polo que se responsabilizou do gravado dos cuños de todas as emisións monetarias a nome de Humberto I (1878-1900) e de Vítor Manuel III (1900-1946), ata o seu falecemento en 1903. Tamén son obra súa as series de prata cuñadas pola Ceca de Roma para a República de San Marino entre 1898 e 1906, e para a colonia italiana de Eritrea, entre 1890 e 1896.[8][9]

Medalla a Vicenzo Bellini (1876).[10]

En paralelo ás moedas, Speranza tamén foi o creador dun bo número de medallas, entre as que destacan as seguintes: Pío IX, primeiro Concilio Vaticano (1869),[11] Vicenzo Bellini (1876),[10] Vítor Manuel II (1878),[12] visita de Humberto I a Sicilia (1881), Exposición Industrial de Turín (1885), Giuseppe Verdi (1889), Cámara de Deputados de Roma (1890), xubileo episcopal de León XIII (1893),[13] etc.[14]Filippo Speranza marca coa inscrición SPERANZA en letra maiúscula e de pequeno tamaño todas as medallas e moedas da súa creación.[14]

Filippo Speranza finou en Roma o 7 de decembro de 1903,[2] vítima dunha doenza cerebrovascular.[15]

Escolma de obras[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A comandini é a única fonte consultada que dá, pola contra, 1848 como ano de nacemento. Véxase: Comandini, A. (1903). Páxina 477.
  2. 2,0 2,1 2,2 Forrer, L. (1912). Páxina 597.
  3. 3,0 3,1 Comandini, A. (1903). Páxina 477.
  4. "Filippo Speranza". Beweb. Bene Ecclesiastici in web (Beweb.chiesacattolica.it).
  5. "2½ Lire - Pius IX". Numista.com
  6. "Speranza F. (1867), Medaglia di Pio IX". Beweb. Bene Ecclesiastici in web (Beweb.chiesacattolica.it).
  7. "1 Lira - Victor Emmanuel III (1901-1907)". Numista.com
  8. Forrer, L. (1912). Páxinas 597-599.
  9. "Filippo Speranza". Numista.com
  10. 10,0 10,1 "Vincenzo Bellini (1801-1835), 1876". Paris Musées (Parismuseescollections.paris.fr).
  11. "Medal - Pope Pius IX First Vatican Council". Numista.com
  12. "Speranza F. (1878), Medaglia di Vittorio Emanuele II". Beweb. Bene Ecclesiastici in web (Beweb.chiesacattolica.it).
  13. "Speranza Filippo (1893), Medaglia Giubileo episcopale Leone XIII". Beweb. Bene Ecclesiastici in web (Beweb.chiesacattolica.it).
  14. 14,0 14,1 Forrer, L. (1912). Páxina 599.
  15. Comandini, A. (1903). Páxina 477.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]