Filipe de Courtenay
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1243 (Gregoriano) Constantinopla |
| Morte | 15 de decembro de 1283 Viterbo |
| Lugar de sepultura | Asís |
| Outro | |
| Título | Lord of Courtenay (en) Imperador Latino de Constantinopla (pt) |
| Familia | Capetian House of Courtenay (en) |
| Cónxuxe | Beatriz de Sicilia (1273 (Gregoriano)–) |
| Fillos | Catarina de Courtenay |
| Pais | Balduíno II de Constantinopla |
Filipe de Courtenay, nado en Constantinopla en 1243 e finado en Viterbo en 1283, foi Emperador Titular de Constantinopla desde 1273 até a súa morte en 1283. Foi fillo de Balduíno II de Constantinopla e de María de Brienne.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Na súa mocidade, o seu pai viuse forzado a «empeñalo» aos mercadores venecianos para poder axudar ao seu Imperio que estaba a ser atacado por Nicea; porén este caeu en 1261.
En 1267 e de acordo ao Tratado de Viterbo casou coa filla do rei de Sicilia e Nápoles e da duquesa da Provenza, Beatriz de Anjou. O matrimonio de feito realizouse en 1273 e aos meses 'Filipe herdaría os dereitos do Imperio e sería recoñecido polas súas posesións en Grecia e grazas ao apoio dos seus sogros.
O matrimonio só tivo unha filla, a que sería Catarina de Courtenay, esposa de Carlos de Valois. Filipe de Courtenay morreu en 1283.