Narjot de Toucy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Narjot de Toucy
Nacementoséculo XII
Falecemento1241
Ocupaciónregent
CónxuxeN. Branaina
FillosFilipe de Toucy
editar datos en Wikidata ]

Narjot de Toucy, finado en 1241, señor de Bazarnes, foi o fillo de Narjot II de Toucy (Francia) e da súa esposa Inés de Dampierre.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xunto ao seu sogro Teodoro Branas e Godofredo de Merry, Narjot de Toucy formou parte do consello que brevemente gobernou Constantinopla desde o 17 decembro de 1219 (tras a morte de Conon de Béthune até a chegada do emperador designado, Roberto de Courtenay, en 1220). Serviu como rexente do Imperio latino en 1228-1231, durante a minoría de Balduíno II de Constantinopla, e en 1238-1239 na recadación de fondos para a viaxe do emperador a Europa occidental. Faleceu en 1241.

A primeira esposa de Narjot de Toucy foi a filla de Teodoro Branas e a emperatriz viúva Ana (Inés de Francia). Tiveron catro fillos:

En 1239 ou 1240, probabelmente despois da morte da súa primeira esposa, Narjot de Toucy casou coa filla de Xonás, o rei dos cumanos. Ela fíxose monxa despois da súa morte.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • René Grousset, L'Empire du Levant : Histoire da Question d'Orient, Paris, Payot, coll. « Bibliothèque historique », 1949 (réimpr. 1979), 648 p. (ISBN 2-228-12530-X)