Beatriz de Sicilia (emperatriz latina)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Beatriz de Sicilia
Nacemento9 de xaneiro de 1252
 Nápoles
Falecemento1275
 Andria
NacionalidadeFrancia
PaiCarlos de Anjou
NaiBeatriz, Condessa da Provença
CónxuxeFilipe de Courtenay
FillosCatarina de Courtenay
IrmánsElizabeth of Sicily, Blanche of Anjou, Carlos II de Anjou e Filipe da Sicília
editar datos en Wikidata ]

Beatriz de Sicilia, nada en 1252 e finada entre o 17 de novembro e o 12 de decembro de 1275, foi a emperatriz consorte de Filipe de Courtenay, emperador titular latino de Constantinopla.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi filla de Carlos I de Sicilia e Beatriz de Provenza. Tamén foi a irmá maior de Carlos II de Nápoles.

Os seus avós paternos foron Luís IX de Francia e Branca de Castela. Os seus avós maternos foron Ramón Berenguer IV de Provenza e Beatriz de Savoia.

Matrimonio[editar | editar a fonte]

Baixo o tratado de Viterbo (27 de maio de 1267), Balduíno II de Courtenay transferiu gran parte dos seus dereitos sobre o Imperio latino a Carlos I. Carlos ía confirmar no seu poder Corfú e algunhas cidades de Albania[1]. Tamén tivo o dominio sobre o Principado de Acaia e a soberanía das illas do Exeo, con excepción daquelas en poder de Venecia e Lesbos, Quíos, Samos, e Amorgos.

O mesmo tratado organizou o matrimonio de Filipe de Courtenay, herdeiro do Imperio latino, e Beatriz, a segunda filla de Carlos. Se o matrimonio non tiña fillos, os dereitos de Filipe serían herdados por Carlos I. Beatriz tiña aproximadamente quince anos de idade no momento do seu compromiso[1].

O 15 de outubro de 1273, Beatriz e Filipe casaron en Foggia. A noiva tiña vinte e un anos de idade e o noivo trinta. O seu sogro morreu días despois. Filipe foi proclamado emperador con Beatriz como a súa emperatriz. A súa única filla coñecida, Catarina de Courtenay, naceu o 25 de novembro 1274.

Beatriz morreu a finais de 1275. O seu marido sobreviviuna por oito anos, pero nunca volveu a casar.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 John V.A. Fine, Jr., The Late Medieval Balkans (1987), páxina 170

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]