María de Courtenay

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría de Courtenay
Biografía
Nacemento1204 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Mortesetembro de 1228 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (23/24 anos)
Imperatriz de Niceia (pt) Traducir
1219 – 1222
← Filipa da Arménia (pt) TraducirIrene Lascarina (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Bizantino Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica , raíña Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaCapetian House of Courtenay (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeTeodoro I Láscaris Editar o valor em Wikidata
PaisPedro II de Courtenay Editar o valor em Wikidata  e Iolanda de Flandres Editar o valor em Wikidata
IrmánsInés de Courtenay (princesa de Acaia), Iolanda de Courtenay (pt) Traducir, Mathilde von Courtenay (en) Traducir, Margarida de Namur (pt) Traducir, Elisabeth of Courtenay (en) Traducir, Henry II of Namur (en) Traducir, Philip II, Marquis of Namur (en) Traducir, Balduíno II de Constantinopla e Roberto I de Constantinopla Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Courtenay-648

María de Courtenay, nada sobre 1204 e finada en setembro de 1228, foi a filla de Pedro II de Courtenay e Iolanda de Flandres. casou con Teodoro I de Nicea. María serviu como rexente do seu irmán máis novo Balduíno II de Courtenay e nomeouse a si mesma como emperatriz de Constantinopla.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Familia e antecedentes[editar | editar a fonte]

Os seus pais foron os sucesivos gobernantes do Imperio latino de Constantinopla. O seu pai foi elixido como emperador en 1216. En 1217, ao tentar chegar a Constantinopla por terra, Pedro foi tomado prisioneiro por Teodoro Comneno Ducas, gobernante de Epiro. Pasou o resto da súa vida en cativerio. Iolanda chegou a Constantinopla no seu lugar e fíxose cargo do Imperio. A nai de María, Iolanda foi por dereito a rexente en nome do seu esposo pero gobernou só desde 1217 até 1219. Entre as alianzas negociadas por Iolanda unha foi con Teodoro I Láscaris do Imperio de Nicea. A alianza foi selada co matrimonio de Teodoro e María despois que Teodoro repudiase á súa segunda esposa Filipa de Armenia[1][2].

Emperatriz de Nicea[editar | editar a fonte]

María foi emperatriz de Nicea desde 1219 até novembro de 1222, cando Teodoro morreu. Non tiveron fillos coñecidos. Unha das súas fillastras, María Lascarina, foi a esposa do rei Bela IV de Hungría, e a outra, Irene Lascarina, casou con Xoán III Ducas Vatatzés quen sucedeu a Teodoro I no trono do Imperio de Nicea. María serviu brevemente como rexente de Nicea en 1222.

Rexente e emperatriz de Constantinopla[editar | editar a fonte]

O seu irmán Roberto de Courtenay sucedera á súa nai en 1219. A finais de xaneiro de 1228, o mesmo Roberto morreu. O seu irmán máis novo Balduíno II de Courtenay ascendeu ao trono. Tiña só once anos de idade e por tanto era menor de idade. Os baróns de Constantinopla elixiron a María como rexente. Segundo o historiador Patrick van Kerrebrouck María nomeouse a si mesma emperatriz. A súa rexencia só durou até a súa morte oito meses despois[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jorge Acropolita 15, p. 29.
  2. Ephræmius 7715, p. 311.
  3. Kerrebrouck, P. Van (2000) Les Capétiens 987-1328 (Villeneuve d'Asq), p. 459.