Saltar ao contido

Fidel Castro Díaz-Balart

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFidel Castro Díaz-Balart

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Fidel Ángel Castro Díaz-Balart Editar o valor en Wikidata
1 de setembro de 1949 Editar o valor en Wikidata
A Habana (República de Cuba) Editar o valor en Wikidata
Morte1 de febreiro de 2018 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
A Habana, Cuba Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Estatal de Moscova
Voronezh State University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica nuclear Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico, político, científico nuclear Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de Cuba Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosMirta María Castro Smirnova Editar o valor en Wikidata
PaisFidel Castro Editar o valor en Wikidata  e Mirta Díaz-Balart Editar o valor en Wikidata
IrmánsAlina Fernández
Mirta Núñez
Jorge Ángel Castro
Fransiska Pupo
Antonio Castro- Soto del Vale
Alex Castro -Soto
Alexis Castro-Soto
Alejandro Castro-Soto
Ángel Castro-Soto Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm7859625 BNE: XX1402674 WikiTree: Castro_Díaz-Balart-1 Find a Grave: 187032164 Editar o valor en Wikidata

Fidel Ángel Castro Díaz-Balart, nado na Habana o 1 de setembro de 1949 e finado na mesma cidade o 1 de febreiro de 2018, foi un físico nuclear cubano. Coñecido tamén co diminutivo Fidelito,[1] era o fillo máis vello do presidente cubano Fidel Castro e da súa primeira esposa, Mirta Díaz-Balart.[2][3][4]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Castro Díaz-Balart (esquerda) co Presidente de México Enrique Peña Nieto, o 28 de xaneiro de 2014, no 2º Cumio da CELAC, na Habana.

Nado en 1949, seus pais, Fidel Castro e Mirta Díaz-Balart, divorciáronse en 1955, uns anos antes da Revolución cubana na que Fidel Castro chegou ao poder. A súa nai mudouse a Miami, coa familia Diaz-Balart, levando ao seu fillo con ela. Regresou de neno a Cuba para visitar o seu pai e xa quedou alí o resto da súa infancia.[5] En 1959, con 9 anos, apareceu na televisión estadounidense durante unha entrevista a seu pai.[6]

Posteriormente trasladouse a Moscova (capital daquela da Unión Soviética), onde se matriculou na Universidade Estatal de Voronezh en 1968.[7] Por seguridade, estudou co nome de "José Raúl Fernández",[8] nome que elixiu segundo el, en homenaxe ao campión mundial de xadrez José Raúl Capablanca. Posteriormente usou ese nome para publicar uns 30 traballos científicos.[9] Nun principio estudou educación física antes de pasar á física nuclear en 1970.[7] Graduouse na Universidade Estatal Lomonosov de Moscova e continuou traballando no Instituto Central de Investigacións Nucleares de Dubna, doutorándose por primeira vez en 1978.[10][7] De regreso a Cuba, dirixiu durante un tempo o programa de enerxía nuclear de Cuba, liderando o programa de construción da central nuclear Juragua desde 1980 ata 1992, tempo no que foi tamén secretario executivo da Comisión de Enerxía Atómica do país.[11] Foi destituído dos seus cargos en xuño de 1992, pouco antes de suspenderse a construción de Juragua.[12]

Regresou entón a estudar a Moscova e en 1999 obtivo un segundo doutoramento no Instituto Kurchatov de Enerxía Atómica.[7] Na década de 2010 recuperou protagonismo en Cuba, exercendo como asesor científico do Consello de Estado, e como vicepresidente da Academia de Ciencias de Cuba.[13][14] Ao longo da súa carreira, publicou numerosos artigos sobre o papel da enerxía nuclear no desenvolvemento.[15]

En abril de 2014 visitou Rusia para declarar o recoñecemento de Cuba á anexión de Crimea por parte da Federación Rusa, recibindo tamén un doutoramento honoris causa na Universidade Estatal de Voronezh.[7]

Suicidouse na Habana o 1 de febreiro de 2018, aos 68 anos.[11] Anteriormente estivera a tratamento por depresión.[16][17][18] No momento do seu suicidio, ocupaba os seus cargos na Academia de Ciencias de Cuba e no Consello de Estado.[14]

Tivo tres fillos -Mirta María, Fidel Antonio e José Raúl- con Natasha Smirnova, a quen coñeceu en Rusia. Despois de divorciarse de Smirnova, casou coa cubana María Victoria Barreiro.[19]

  • Ciencia, innovación y futuro (2002).
  • Energía nuclear y desarrollo: realidades y desafíos en los umbrales del siglo XXI (1991).
  • Espacio y tiempo en la filosofía y la física (1990).
  • Ciencia, tecnología y sociedad: hacia un desarrollo sostenible en la era de la globalización (2003).
  1. "FIDEL CASTRO Díaz-Balart, “FIDELITO”. History of Fidel Castro Ruz first-born son" (en inglés). 27 de novembro de 2017. Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  2. "Who Was Fidel Castro Díaz-Balart? Oldest Son of Deceased Leader Fidel Castro Committed Suicide". Newsweek (en inglés). 1 de febreiro de 2018. Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  3. "Hidden wives, mistresses and kids: Fidel Castro’s secret life" (en inglés). 20 de marzo de 2016. Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  4. "Hamburgs Wirtschaftssenator zu Besuch bei Fidel Castros Sohn". Hamburger Abendblatt (en alemán). 2 de decembro de 2015. Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  5. "Cuba: Fidel Castro's son 'takes own life'". BBC (en inglés). 1 de febreiro de 2018. Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  6. Entrevista a Fidel en 1959 (Youtube) (en inglés). 1959. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 "Visiting Russia, Fidel Castro's Son Scoffs at U.S. Sanctions Over Crimea". The Moscow Times (en inglés). 31 de marzo de 2014. Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  8. ""Fidelito" ist tot" (en alemán). 2 de febreiro de 2018. Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  9. Stone, Richard (2 de febreiro de 2018). "Fidel Castro's eldest son, a physicist, is victim of apparent suicide". Science (en inglés). doi:10.1126/science.aat2018. 
  10. "Fidel Jr. Back in the News" (en inglés). 30 de marzo de 2015. Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  11. 11,0 11,1 "Se suicida Fidel Castro Díaz-Balart, hijo mayor del expresidente de Cuba". BBC Mundo (en castelán). 2 de febreiro de 2018. Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  12. "Cuba Cancels Atom Plant, Blaming Costs and Russians". The New York Times (en inglés). 7 de setembro de 1992. Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  13. "Falleció el compañero Fidel Castro Díaz–Balart". Granma (en castelán). 1 de febreiro de 2018. Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  14. 14,0 14,1 "Fidel Castro's eldest son 'Fidelito' commits suicide" (en inglés). Reuters. 2 de febreiro de 2018. Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  15. "Fidel Castro’s eldest son commits suicide" (en inglés). 2 de febreiro de 2018. Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  16. "Fidel Castro's eldest son takes own life, state media reports" (en inglés). 1 de febreiro de 2018. Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  17. "Fidel Castro's eldest son kills himself, Cuban state media reports". The Guardian (en inglés). 2 de febreiro de 2018. Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  18. "'Fidelito' dead: Fidel Castro's eldest son, scientist Fidel Castro Díaz–Balart, dies aged 68" (en inglés). 2 de febreiro de 2018. Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  19. "Fidel Castro’s oldest son commits suicide after battle with depression" (en castelán). 2 de febreiro de 2018. Consultado o 12 de setembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]