Fidel Castro Díaz-Balart

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Fidel Castro Díaz-Balart
Fidel Castro Díaz-Balart.jpg
Nome completoFidel Ángel Castro Díaz-Balart
Nacemento1 de setembro de 1949
Lugar de nacementoA Habana
Falecemento1 de febreiro de 2018
Lugar de falecementoA Habana
NacionalidadeCuba
Alma máterUniversidade Estatal de Moscova e Voronezh State University
Ocupaciónfísico, político e científico nuclear
PaiFidel Castro
NaiMirta Díaz-Balart
FillosMirta María Castro Smirnova
IrmánsAlina Fernández e Mirta Núñez
Premioshonorary doctor of the Voronezh State University
Na rede
WikiTree: Castro_Díaz-Balart-1 Find a Grave: 187032164 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Fidel Ángel Castro Díaz-Balart, nado na Habana o 1 de setembro de 1949 e finado na mesma cidade o 1 de febreiro de 2018, foi un físico nuclear cubano. Coñecido tamén co diminutivo Fidelito,[1] era o fillo maior do presidente cubano Fidel Castro e da súa primeira esposa, Mirta Díaz-Balart.[2][3][4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Castro Díaz-Balart (esquerda) co Presidente de México Enrique Peña Nieto, o 28 de xaneiro de 2014, no 2º Cumio da CELAC, na Habana.

Nado en 1949, seus pais, Fidel Castro e Mirta Díaz-Balart, divorciáronse en 1955, uns anos antes da Revolución cubana na que Fidel Castro chegou ao poder. A súa nai mudouse a Miami, coa familia Diaz-Balart, levando ao seu fillo con ela. Regresou de neno a Cuba para visitar ao seu pai e xa quedou alí o resto da súa infancia.[5] En 1959, con 9 anos, apareceu na televisión estadounidense durante unha entrevista a seu pai.[6]

Posteriormente trasladouse a Moscova (capital daquela da Unión soviética), onde se matriculou na Universidade Estatal de Voronezh en 1968.[7] Por seguridade, estudou co nome de "José Raúl Fernández",[8] nome que elixiu segundo el, en homenaxe ao campión mundial de xadrez José Raúl Capablanca. Posteriormente usou ese nome para publicar uns 30 traballos científicos.[9] Nun principio estudou educación física antes de pasar á física nuclear en 1970.[7] Graduouse na Universidade Estatal Lomonosov de Moscova e continuou traballando no Instituto Central de Investigacións Nucleares de Dubna, doutorándose por primeira vez en 1978.[10][7] De regreso a Cuba, dirixiu durante un tempo o programa de enerxía nuclear de Cuba, liderando o programa de construción da central nuclear Juragua desde 1980 ata 1992, tempo no que foi tamén secretario executivo da Comisión de Enerxía Atómica do país.[11] Foi destituído dos seus cargos en xuño de 1992, pouco antes de suspenderse a construción de Juragua.[12]

Regresou entón a estudar a Moscova e en 1999 obtivo un segundo doutoramento no Instituto Kurchatov de Enerxía Atómica.[7] Na década de 2010 recuperou protagonismo en Cuba, exercendo como asesor científico do Consello de Estado, e como vicepresidente da Academia de Ciencias de Cuba.[13][14] Ao longo da súa carreira, publicou numerosos artigos sobre o papel da enerxía nuclear no desenvolvemento.[15]

En abril de 2014 visitou Rusia para declarar o recoñecemento de Cuba á anexión de Crimea por parte da Federación Rusa, recibindo tamén un doutoramento honoris causa na Universidade Estatal de Voronezh.[7]

Suicidio[editar | editar a fonte]

Suicidouse na Habana o 1 de febreiro de 2018, aos 68 anos.[11] Anteriormente estivera a tratamento por depresión.[16][17][18] No momento do seu suicidio, ocupaba os seus cargos na Academia de Ciencias de Cuba e no Consello de Estado.[14]

Familia[editar | editar a fonte]

Tivo tres fillos -Mirta María, Fidel Antonio e José Raúl- con Natasha Smirnova, a quen coñeceu en Rusia. Despois de divorciarse de Smirnova, casou coa cubana María Victoria Barreiro.[19]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Ciencia, innovación y futuro (2002).
  • Energía nuclear y desarrollo: realidades y desafíos en los umbrales del siglo XXI (1991).
  • Espacio y tiempo en la filosofía y la física (1990).
  • Ciencia, tecnología y sociedad: hacia un desarrollo sostenible en la era de la globalización (2003).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "FIDEL CASTRO Díaz-Balart, “FIDELITO”. History of Fidel Castro Ruz first-born son" (en inglés). 27 de novembro de 2017. Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  2. "Who Was Fidel Castro Díaz-Balart? Oldest Son of Deceased Leader Fidel Castro Committed Suicide". Newsweek (en inglés). 1 de febreiro de 2018. Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  3. "Hidden wives, mistresses and kids: Fidel Castro’s secret life" (en inglés). 20 de marzo de 2016. Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  4. "Hamburgs Wirtschaftssenator zu Besuch bei Fidel Castros Sohn". Hamburger Abendblatt (en alemán). 2 de decembro de 2015. Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  5. "Cuba: Fidel Castro's son 'takes own life'". BBC (en inglés). 1 de febreiro de 2018. Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  6. Entrevista a Fidel en 1959 (Youtube) (en inglés). 1959. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 "Visiting Russia, Fidel Castro's Son Scoffs at U.S. Sanctions Over Crimea". The Moscow Times (en inglés). 31 de marzo de 2014. Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  8. ""Fidelito" ist tot" (en alemán). 2 de febreiro de 2018. Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  9. Stone, Richard (2 de febreiro de 2018). "Fidel Castro's eldest son, a physicist, is victim of apparent suicide". Science (en inglés). doi:10.1126/science.aat2018. 
  10. "Fidel Jr. Back in the News" (en inglés). 30 de marzo de 2015. Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  11. 11,0 11,1 "Se suicida Fidel Castro Díaz-Balart, hijo mayor del expresidente de Cuba". BBC Mundo (en castelán). 2 de febreiro de 2018. Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  12. "Cuba Cancels Atom Plant, Blaming Costs and Russians". The New York Times (en inglés). 7 de setembro de 1992. Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  13. "Falleció el compañero Fidel Castro Díaz–Balart". Granma (en castelán). 1 de febreiro de 2018. Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  14. 14,0 14,1 "Fidel Castro's eldest son 'Fidelito' commits suicide" (en inglés). Reuters. 2 de febreiro de 2018. Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  15. "Fidel Castro’s eldest son commits suicide" (en inglés). 2 de febreiro de 2018. Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  16. "Fidel Castro's eldest son takes own life, state media reports" (en inglés). 1 de febreiro de 2018. Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  17. "Fidel Castro's eldest son kills himself, Cuban state media reports". The Guardian (en inglés). 2 de febreiro de 2018. Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  18. "'Fidelito' dead: Fidel Castro's eldest son, scientist Fidel Castro Díaz–Balart, dies aged 68" (en inglés). 2 de febreiro de 2018. Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  19. "Fidel Castro’s oldest son commits suicide after battle with depression" (en castelán). 2 de febreiro de 2018. Consultado o 12 de setembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]