Fervenza de Férveda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°40′25″N 8°19′12″O / 42.6735546, -8.3199452

Fervenza de Férveda.

A fervenza de Férveda é un salto de auga situado no lugar de Férveda, na parroquia de Escuadro (Silleda). Trátase dun desnivel do río de Escuadro de aproximadamente uns 15,7 metros de altura, máis outro pequeno que parte da poza ou mergulleira de 4,8 metros. Forma parte do proxecto europeo Rede Natura 2000 denominado Brañas de Xestoso, como Lugar de Importancia Comunitaria.

O sendeiro[editar | editar a fonte]

Trátase dun percorrido de tipo lineal de 2,7 quilometros de lonxitude, cun grao de dificultade baixo, agás nos últimos 200 metros de ascenso ata a o pé da fervenza. O punto de inicio sitúase no chamado muíño de Varela, preto da igrexa de San Salvador de Escuadro, a carón do cal hai atopar un lavadoiro comunitario que data de 1952. Así, en todo o trazado, duns 45 minutos de duración, atópanse seis muíños de rodicio coñecidos como o muíño de Varela, o da Regueira, o das Carballeiras, o de Outeiro, o de Bataneiro e o de Herdeiros.

Flora e fauna[editar | editar a fonte]

A flora desta paraxe está composta polo bosque de ribeira con árbores autóctonas como carballos, castiñeiros, amieiros, bidueiros, salgueiros, freixos, acivros, loureiros, silvarveiras, fentos reais e heterófilos.

En canto á fauna destacan animais de grande importancia ecolóxica coma falcóns e corvos. Aínda que tamén podemos atopar lavandeiras, gorrións e anduriñas. Outras especies moi abundantes son o xabaril e rato silvestre. Entre os peixes destaca a troita común, mentres que entre os insectos atopamos abundantes cabalos do demo.

Elementos de interese da zona[editar | editar a fonte]

Entre os diferentes monumentos próximos á Fervenza de Férveda destaca a igrexa de San Salvador de Escuadro, de estilo románico e datada do século XII. Asociada, tamén, á tradición relixiosa, no lugar da Penadauga destaca unha famosa pena que amorea auga de chuvia no seu interior e que segundo a tradición cura as enfermidades da pel e dos ollos. Mentres que no lugar de Cascaxide atopamos unha casa señorial do século XVIII coñecida como Pazo de Cascaxide, que conta cun bosque anexo ao edificio, o cal tamén forma parte do proxecto europeo Rede Natura 2000. Nas Brañas de Xestoso destaca tamén a lagoa Sacra de Olives.

Como chegar[editar | editar a fonte]

Accédese tanto dende a estrada N-525 en Silleda, como dende a N-640 en Senra vía Cascaxide.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]