Saltar ao contido

Lagoa Sacra de Olives

Lagoa Sacra de Olives
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Fontes e ligazóns
Patrimonio Galego: 40879
Wikidata C:Commons

A lagoa Sacra de Olives é unha lagoa galega situada entre os concellos pontevedreses de Forcarei, A Estrada e Silleda.[1] Atópase a 700 metros de altitude, ten 1,3 hectáreas de superficie e ao seu arredor quedan vestixios da existencia dunha muralla, aínda que na actualidade estes restos atópanse moi deteriorados.

Forma parte da zona especial de conservación das Brañas de Xestoso.[2]

Descrición

[editar | editar a fonte]

En canto á vexetación, é unha zona extensa de monte baixo e prados húmidos con interesantes brañas. A fauna existente componse dunha variada representación de anfibios, réptiles e aves, ademais de mamíferos coma raposos e lobos.

Na comarca existen antigas lendas que fan relación ao nome da lagoa, que proviría dunha batalla na que houbo tantos mortos que os botaron á lagoa amurallándoa deseguido para que non fosen profanados, inda que a realidade pode ser ben máis prosaica e o nome provir do próximo santuario de Santa María de Meda de Olives.

Desde hai 20 anos, habitualmente a lagoa seca durante o verán, pero en tempos tiña auga durante todo o ano. [Cómpre referencia]

Forma parte das Brañas de Xestoso, espazo protexido dentro da Rede Natura 2000.[1]


Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 "Lagoa Sacra de Olives". Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2017. Consultado o 14 de xaneiro de 2017.
  2. ↑ Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia. (eds.). "Brañas de Xestoso". Consultado o 27 de outubro de 2017.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]