Pazo de Cascaxide
| Pazo de Cascaxide | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Cascaxide | |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons |
O Pazo de Cascaxide é unha casa señorial localizada no lugar de Cascaxide, na parroquia de Escuadro (Silleda), construído a finais do século XVII con algunha parte de principios do XVIII.
Características
[editar | editar a fonte]O edificio é de planta rectangular, baixo o piso e salvando o desnivel do terreo, ten un piso máis con arcadas nunha das frontes, torre de catro plantas e balcóns de balaustrada que sobresaen da fachada. A fachada principal ten porta adintelada, copete cun grande escudo e gárgolas. Noutra das frontes ten un piso faiado con balconada e dous escudos. Prolóngase cunha muralla na que se abre o portón de arco de medio punto.
Entre as dependencias anexas hai dous hórreos e unha capela.
Nel rodouse parte do filme Lobos de Arga. É de propiedade privada, da familia Espinosa.