Fernanda Montenegro
![]() (2015) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (pt-br) Arlette Pinheiro Esteves Silva ![]() 16 de outubro de 1929 ![]() Río de Xaneiro, Brasil ![]() |
Educación | Colégio Pedro II (pt) ![]() ![]() |
Lateralidade | destro ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actriz de televisión, actriz de cinema ![]() |
Período de actividade | 1950 ![]() |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Fernando Torres (1954–2008) ![]() |
Fillos | Cláudio Torres, Fernanda Torres ![]() |
Premios | |
| |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Arlette Pinheiro Esteves da Silva, nada no Río de Xaneiro o 16 de outubro de 1929, é unha actriz brasileira de cinema, teatro e televisión, coñecida como Fernanda Montenegro. Chamada "a Primeira Dama do Teatro do Brasil", foi a primeira actriz latinoamericana que recibiu unha candidatura ao Óscar como mellor actriz protagonista, polo filme Central do Brasil de Walter Salles.[1]
En 2013, converteuse tamén na primeira brasileira en gañar un premio Emmy internacional.[2]
En 2013, foi votada como a 15.ª celebridade máis influente do Brasil pola revista Forbes.[3] Durante a cerimonia inaugural dos Xogos Olímpicos de 2016, leu o poema "A Flor e a Náusea", de Carlos Drummond de Andrade, dobrado en inglés por Judi Dench.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Orixe
[editar | editar a fonte]Naceu como Arlette Pinheiro Esteves da Silva, filla de Vitório Esteves da Silva, mecánico, de orixe portuguesa e de Carmen Nieddu Pinheiro Esteves da Silva, ama de casa, filla de italianos da illa de Sardeña.[4][5] Sobre a adopción do seu nome artístico, a actriz afirmou que escolleu Fernanda simplemente pola súa sonoridade, mentres que Montenegro era o apelido do médico da familia.
Carreira
[editar | editar a fonte]
Iniciouse na radio aos na radio aos 16 anos e a finais dos 40 traduciu e adaptou obras de teatro célebres para ese medio. A súa vida artística no teatro comezou coa obra Alegres Canções nas Montanhas en 1950. Entre os seus compañeiros estaban Fernando Torres, quen se converteu no seu esposo. Nos seguintes anos traballou con outros actores, como Sérgio Britto, Cacilda Becker, Nathália Timberg, Cláudio Corrêa e Castro e Ítalo Rossi.
En 1959 deixou o Teatro Brasileiro de Comedia ao que ingresara en 1956[6] e fundou xunto co seu marido e outros destacados actores a compañía Teatro dos Sete no Río de Xaneiro.[7]
A principios da década de 1960 mudouse a São Paulo, onde traballou en moitas obras de teatro e televisión. A súa primeira telenovela foi Pouco Amor Não é Amor.
Debutou no cinema en 1964 con A Falecida, de Nelson Rodrigues. Conquistou os críticos con Eles Não Usam Black-Tie (1981). A pesar de que seguiu o éxito no teatro e na televisión, a súa carreira no cinema pasou bastante inadvertida ata 1997, cando O Que É Isso, Companheiro?, foi candidato ao Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa.
A consagración internacional chegou en 1998 con Central do Brasil, que a levou a ser candidata ao Oscar á mellor actriz. Non gañou, mais recibiu o premio do Festival Internacional de Cinema de Berlín entre outras distincións.
En 1999 O Auto da Compadecida, un dos seus grandes éxitos televisivos foi convertido en filme e estreado nos cines.
En 2007 participou en Love in the Time of Cholera de Mike Newell como "Tránsito Ariza".
En 2010 gañou o premio á mellor actriz de teatro por Viver Sem Tempos Mortos.[8]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Montenegro estivo casada con Fernando Torres dende 1954 ata a morte del en 2008. Con el tivo unha filla, a actriz Fernanda Torres, nada en 1965 (coa que protagonizou o filme Casa de Areia en 2005[9]) e un fillo, o director Cláudio Torres, nado en 1962 (con quen rodou Redentor en 2004[10]).
Homenaxes
[editar | editar a fonte]O cantante e compositor Milton Nascimento compuxo e dedicoulle a canción "Mulher da vida".
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1954 | Mãos Sangrentas | ||
1965 | A Falecida | Zulmira | |
1970 | Em Família | Anita | |
Pecado Mortal | Fernanda | ||
Minha Namorada | Carminha | ||
1971 | A Vida de Jesus Cristo | Samaritana | |
1973 | Missa do Galo | Dona Conceição | [11] |
1976 | Marília e Marina | D. Glória | |
1978 | Tudo Bem | Elvira Barata | |
1981 | Eles Não Usam Black-Tie | Romana | |
1985 | A Hora da Estrela | Madame Carlota | |
1986 | Trancado por Dentro | Ivette | |
1988 | Fogo e Paixão | Rainha do castelo | |
1994 | Veja Esta Canção | Mulher da voz | |
1997 | O Que É Isso, Companheiro? | Dona Margarida | |
1998 | Central do Brasil | Dora | |
Traição | Mulher no bar | ||
1999 | Gêmeas | Mãe | |
2000 | O Auto da Compadecida | Nossa Senhora Virgem Maria (A Compadecida) | |
2004 | O Outro Lado da Rua | Regina | |
Olga | Leocádia Prestes | ||
Redentor | Dona Isaura | ||
Home on the Range | Sra. Caloway (voz) | Dobraxe | |
2005 | Tudo Azul | Ela mesma | Documental |
A Mochila do Mascate | |||
Casa de Areia | D. Maria / Áurea | ||
2007 | Love in the Times of Cholera | Tránsito Ariza | |
2008 | A Paixão Segundo Callado | Ela mesma | Documental |
2012 | As Aventuras de Agamenon, o Repórter | Narradora | |
A Dama do Estácio | Zulmira [12] | ||
2013 | O Tempo e o Vento | Bibiana Terra Cambará [13][14] | |
A Igreja do Diabo [15] | |||
A Primeira Missa [16] | Nossa Senhora | ||
2014 | Rio, Eu Te Amo | Dona Fulana[17] | |
Infância[18] | Dona Mocinha | ||
Boa Sorte | Célia[19] | ||
2016 | Silêncio No Estúdio | Ela mesma | Documental |
2017 | Todos os Paulos do Mundo | ||
2018 | Corredor Polonês | ||
Piedade | Carminha | ||
2019 | |||
O Juízo | Marta Amarantes | [20] | |
Dona Vitória | Dona Vitória | ||
A Vida Invisível de Eurídice Gusmão | Eurídice Gusmão | [21][22] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Morisawa, Mariane (10 de febreiro de 1999). "ILUSTRADA 50 ANOS: 1999 - Fernanda Montenegro concorre ao Oscar" (en portugués). Folha de São Paulo. Consultado o 19 de setembro de 2013.
- ↑ Fernanda Montenegro leva Emmy e agradece diretores de 'Doce de mãe'
- ↑ Forbes. "Forbes apresenta as celebridades mais influentes do Brasil". Exame. Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2013. Consultado o 27 de outubro de 2014.
- ↑ "IstoÉ Gente: Fernanda Montenegro". Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2021. Consultado o 16 de xuño de 2019.
- ↑ Fernanda Montenegro - Site Oficial - Universo Online
- ↑ "Enciclopédia Itaú Cultural". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2013. Consultado o 16 de xuño de 2019.
- ↑ "Enciclopédia Itaú Cultural". Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2015. Consultado o 16 de xuño de 2019.
- ↑ Fernanda Montenegro vence prémio Shell de melhor actriz
- ↑ IMDb
- ↑ IMDb
- ↑ "Missa do Galo". Cinemateca Brasileira. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2016. Consultado o 2018-05-25.
- ↑ "Fernanda Montenegro é o destaque em 'A Dama do Estácio'". Estadão.com.br. Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2013. Consultado o 14 de maio de 2013.
- ↑ "Trailer de 'O Tempo e o Vento' tem cena quente de Cléo Pires". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 16 de xuño de 2019.
- ↑ "Sem a Fernanda eu não faria 'O tempo e o vento', diz Monjardim". Globo News. Consultado o 16 de setembro de 2013.
- ↑ "Com 103 anos, Manoel de Oliveira finaliza mais um filme". Adoro Cinema. Consultado o 15 de marzo de 2017.
- ↑ "Com nova peça e filme, Fernanda Montenegro avalia Dilma e Ana de Hollanda". Arte e Lazer. Consultado o 15 de marzo de 2017.
- ↑ "Nona etapa do longa ‘Rio, eu te amo’ traz Fernanda Montenegro e Regina Casé como mendigas". O Globo. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2014. Consultado o 13 de setembro de 2014.
- ↑ Por Redação, Purepeople. "Fernanda Montenegro comemora 84 anos prestes a estrear dois longas-metragens". Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2013. Consultado o 16 de outubro de 2013.
- ↑ Globo Filmes. "Filmes>Boa Sorte>Elenco". Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2014. Consultado o 1 de febreiro de 2014.
- ↑ "O Juízo". Globo Filmes. Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2019. Consultado o 21 de abril de 2019.
- ↑ Fonseca, Rodrigo (19 de abril de 2019). "Um melodrama à moda Karim Aïnouz para encantar Cannes". Estadão. Consultado o 21 de abril de 2019.
- ↑ Genestreti, Guilherme (17 de xuño de 2018). "Fernanda Montenegro viverá protagonista de novo filme de Karim Aïnouz". Folha de São Paulo. Consultado o 21 de abril de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fernanda Montenegro ![]() |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Cine |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Fernanda Montenegro Arquivado 21 de xuño de 2019 en Wayback Machine. en Memória Globo
- Discurso do Presidente Fernando Henrique Cardoso na cerimônia de entrega da Ordem Nacional do Mérito
- Entrevista nas páxinas amarelas da revista Veja, ed. 396 abr/1976, páx. 3
- Entrevista a Bravo! en maio de 2009 Arquivado 04 de maio de 2009 en Wayback Machine.