Saltar ao contido

Fermín Zelada de Andrés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFermín Zelada de Andrés
Biografía
Nacemento27 de novembro de 1912 Editar o valor en Wikidata
Ferrol Editar o valor en Wikidata
Morte9 de xaneiro de 1997 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
A Coruña Editar o valor en Wikidata
Procurador nas Cortes
3 de xullo de 1964 – 15 de novembro de 1967
Procurador nas Cortes
31 de maio de 1961 – 6 de xuño de 1964
Procurador nas Cortes
16 de maio de 1958 – 18 de abril de 1961
Procurador nas Cortes
14 de maio de 1952 – 13 de abril de 1955
Procurador nas Cortes
12 de maio de 1946 – 9 de marzo de 1949
Procurador nas Cortes
10 de xaneiro de 1946 – 24 de abril de 1946
← Sancho Dávila y Fernández de Celis (en) Traducir
Gobernador civil das Palmas
1944 – 1945
← Plácido Álvarez-Buylla López-Villamil – José María Olazabal Zaldumbide (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónavogado, emprendedor, político Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
FillosFermín Zelada Jurado, Miguel Zelada Editar o valor en Wikidata
PaiFermín Zelada Varela Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1489607 Dialnet: 62439 Arquivo Histórico de Deputados: 122350

Fermín Zelada de Andrés Moreno, nado en Ferrol o 27 de novembro de 1912 e finado na Coruña o 9 de xaneiro de 1997 no CHUAC.[1] Foi un avogado, empresario e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo do farmacéutico e alcalde de Ferrol Fermín Zelada Varela, licenciouse en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e comezou a dar clase nesa mesma facultade cando rematou os seus estudos. A principios da década de 1930 estivo vencellado á conservadora Unión Regional de Derechas (da CEDA)[2] na cidade compostelá. Porén, logo participou da fundación do núcleo local de Falange Española na cidade, xunto co boticario Víctor Muñoz[3][4]. Alistouse no bando nacionalista na Guerra Civil Española. Membro da Alianza Nacional Católica de Propagandistas[5] colaborou con Francisco Franco na xestión do Estado rebelde dende a súa sede de Burgos.

Ocupou diversos cargos na administración franquista. Así foi nomeado delegado nacional de Traballo en 1940, gobernador civil nas Palmas en 1945,[4][6] delegado nacional de Provincias —un cargo que coordinaba os gobernadores civís e dependía directamente do Secretario xeral do Movemento Nacional[7]— entre 1945 e 1948, e procurador nas Cortes Españolas en diversas lexislaturas, unhas veces por designación e outras en razón dos cargos.

En 1948 foi nomeado xefe da asesoría xurídica do Banco Exterior de España, e sete anos máis tarde, en 1955, accedeu á secretaría xeral da entidade. Permaneceu nese cargo durante vinte e dous anos, ata que en 1977 se fixo coa súa presidencia,[8] que retivo ata a súa xubilación en decembro de 1982, cando foi substituído por Francisco Fernández Ordóñez. Membro do Consello privado do Conde de Barcelona, en 1977 foi designado senador polo rei Xoán Carlos, e integrouse no grupo de Senadores Independentes, a fracción máis conservadora dos senadores de designación real.

Tamén foi membro do consello de goberno da Editorial Católica, un importante grupo de empresas editoriais españolas da época franquista.

Galardóns

[editar | editar a fonte]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con María del Carmen Jurado Herrera, e entre os seus dez fillos cóntanse o pintor coruñés Miguel Zelada Jurado e o embaixador Fermín Zelada Jurado. A súa vivenda familiar estaba situada en Montrove (Oleiros). Unha das súas fillas faleceu no accidente de Montrove.[9]

  1. ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 10-1-1997, p. 79.
  2. ↑ GRANDÍO, Emilio. Organización y poder en la CEDA gallega, Espacio, Tiempo y Forma, Serie V, t. 10, 1997, páx. 230 nota.
  3. ↑ CLARET MIRANDA, J. El atroz desmoche, Crítica:Barcelona, 2006, páx. 177
  4. 1 2 SANZ HOYA, J. Camarada Gobernador. Falange y los Gobiernos civiles durante el primer franquismo Arquivado 26 de xuño de 2012 en Wayback Machine.. Comunicación presentada no IX Congreso de la Asociación de Historia Contemporánea, 2008
  5. ↑ REDONDO, G. Historia de la Iglesia en España, 1931-1939: La Guerra Civil, 1936-1939, Ediciones Rialp: Madrid, 1993, páx. 213.
  6. ↑ MEDINA SANABRIA, P., La honorificación de Franco, El Blog de Pedro Medina Sanabria. Memoria e Historia de Canarias
  7. ↑ Toma de posesión del nuevo Delegado Nacional de Provincias, ABC, 26/10/1945
  8. ↑ Relevo en la presidencia del Banco Exterior, El País, 29/7/1977
  9. ↑ , ABC, 15/8/1973.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]