Fermín Zelada Jurado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Fermín Zelada Jurado
Nacemento2 de xuño de 1940
 Lisboa
Falecemento7 de maio de 2005
 A Habana
Ocupacióndiplomático
PaiFermín Zelada de Andrés
IrmánsMiguel Zelada
editar datos en Wikidata ]

Fermín Zelada Jurado, nado o 2 de xuño de 1940 en Lisboa e falecido o 7 de maio de 2005 na Habana, foi un diplomático galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Neto do alcalde de Ferrol Fermín Zelada Varela e fillo do presidente do Banco Exterior de España Fermín Zelada de Andrés Moreno, Fermín Zelada Jurado licenciouse en dereito e ingresou na carreira diplomática en 1965. Despois de percorrer diversas embaixadas e postos na administración española, en 1987 é designado polo Ministro de Asuntos Exteriores, Francisco Fernández Ordóñez, director xeral de Política Exterior para Europa, cargo no que permanece ata que en 1991 accede á embaixada de España en Irlanda. En 1997 cesa no seu posto en Dublín ao ser destinado como embaixador de España en Israel, posto no que permanece ata 2001. Nese ano, é designado molo ministro de Asuntos Exteriores, Josep Piqué como embaixador en misión especial para a Coordinación das Relacións cos países do Cáucaso e Asia Central.

Galardóns[editar | editar a fonte]