Fermín Fernández Armesto
Fermín Fernández Armesto | |
---|---|
Nacemento | 11 de novembro de 1907 |
A Mezquita | |
Falecemento | 7 de maio de 1979 |
A Coruña | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | escritor, médico e tradutor |
Irmáns | Augusto Assía |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Fermín Fernández Armesto, nado na Mezquita o 11 de novembro de 1907 e finado na Coruña o 7 de maio de 1979, foi un médico, tradutor e lexicógrafo galego. Era irmán do xornalista Felipe Fernández Armesto (Augusto Assía).
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fixo os seus estudos primarios en Ourense e Vigo, e os secundarios en Santiago de Compostela. En 1932 licenciouse en medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Ao finalizar a licenciatura, ampliou estudos en Alemaña, durante os anos 1932 e 1933, cos profesores Baader e Schultze. Entre 1934 e 1936 exerceu como médico en Consuegra, provincia de Toledo.
Durante a Guerra Civil española serviu como capitán médico no exército da república, encargándose, entre outros cometidos, da organización de hospitais de sangue.
Desde 1939 a 1947 traballou co profesor Ramón Sarró no Hospital de Neuropsiquiatría Santa Ana de Barcelona, e como tradutor de alemán para a Colección Antropológica da Editorial Miracle. Entre 1948 até 1977 foi inspector médico do Instituto Social da Mariña, na Coruña.
Foi cofundador da Editorial Daimón, e mantivo na revista Destino a columna "Ciencia y Medicina". En 1946 recibiu o Premio Nacional de Traducción polo seu abondoso e cualificado traballo como tradutor do alemán, así como do inglés, francés e portugués. Desde 1950 a 1971 foi o editor da versión en castelá da revista científica vienesa Archivos de Medicina Práctica. Faleceu sen rematar a última revisión da súa principal obra lexicográfica, o Dicionario castelán-galego, publicado postumamente en 1981 por Ediciós do Castro, con limiar de Rafael Dieste.
Principais obras[editar | editar a fonte]
- 1968 - "Feijóo, el reformador del Arte de Curar". Homenaje al Padre Feijóo (Universidad de La Plata. Facultad de Humanidades, 1968)
- 1981 - Dicionario castelán-galego (Ediciós do Castro, 1981)
- 1981 - Vocabulario castelán-galego (Ediciós do Castro, 1981)
|
- Escritores de Galicia en lingua castelá
- Escritores de Galicia en lingua galega
- Nados na Mezquita
- Lexicógrafos
- Nados en 1907
- Finados en 1979
- Tradutores de Galicia
- Tradutores do alemán
- Tradutores do francés
- Editores de Galicia
- Tradutores do inglés
- Tradutores do portugués
- Médicos de Galicia
- Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela