Feira Taurina de Padrón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

A Feira Taurina de Padrón forma parte dos festexos da Pascua que se celebran cada ano na localidade galega de Padrón. Os festexos tamén constan de espectáculos de doma de cabalos, aproveitando as instalacións da praza de touros portátil que se constrúe no Campo da Barca con motivo da Semana Santa padronesa.

O festexo taurino consta de dous eventos, un o sábado con recortadores e vaquillas soltas, e outro o domingo cunha corrida sen picadores na que actúan un rexoneador a cabalo e dous novilleiros. A praza de touros portátil que se constrúe no Campo da Barca ten acollida para unhas 1000 persoas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]