Conversa modelo:Festas con touros en Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Non creo que a festa do boi se poida incluír na tauromaquia. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 20:13, 16 de marzo de 2011 (UTC)

Non sei. Eu, considerando que o termo tauromaquia abrangue moitas actividades relacionadas coas festas taurinas: as corridas de touros e de novillos, a cabalo ou a pé, os encerros, a crianza dos touros, os forcados portugueses, disciplinas francesas, touros embolados, recortes e demáis; considerei axeitado incluir a Festa do Boi dentro do termo tauromaquia, entendendo que é unha versión local á galega dun encerro, e distinguindo a diferencia que hai entre o termo xeral "tauromaquia" e o mais concreto "toureo". Eso sí, antes de inclui-la aínda lle tiven que dar algunhas voltas na cabeza. Se vos vedes mais axeitado retira-la deste modelo, adiante.JonnyJonny 21:21, 16 de marzo de 2011 (UTC)

No artigo Tauromaquia dise que é "a práctica de lidar touros, tanto a pé como dacabalo". O Xerais defínea como "a arte de lidiar touros". Non me encaixan con esta definición nin os encerros (tal vez os que rematan en corrida), nin os touros embolados nin esas cousas que lles fan ós animais nalgúns sitios. Se acaso o que teña lugar dentro dunha praza, por extensión, podería ser considerado tauromaquia, pero xa con reservas. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:41, 16 de marzo de 2011 (UTC)

O espítito do modelo era recoller as festas galegas relacionadas cos touros ou bois, xa que o público afeccionado a esas actividades é o mesmo, e forma parte do mesmo ambiente. Se a utilización do termo tauromaquia pode xerar un conficto de opinións, quizais debería cambia-lo nome do modelo por: Festas taurinas en Galicia, ou por: Festas con touros en Galicia. ¿Estarías dacordo co troco?. JonnyJonny 23:47, 16 de marzo de 2011 (UTC)

Nese caso si, empregando un termo máis xeral sempre collen máis cousas nel. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:02, 17 de marzo de 2011 (UTC)

De todos modos convén mover o modelo ó seu novo título, e non só mudarlle o título que presenta no cadro. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:14, 17 de marzo de 2011 (UTC)
Vale, se antes o digo antes se fai. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:14, 17 de marzo de 2011 (UTC)

Coido que agora está ben. É a primeira vez que lle troco o nome a un modelo. Que paciencia tes. JonnyJonny 00:16, 17 de marzo de 2011 (UTC)

Bo traballo. O único que che queda é mudar {{Tauromaquia en Galicia}} por {{Festas con touros en Galicia}} onde se estea empregando o modelo, é dicir, aquí. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:24, 17 de marzo de 2011 (UTC)