Fatou Bensouda
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de xaneiro de 1961 (63 anos) Banjul, Gambia |
Fiscal da Corte Penal Internacional | |
15 de xuño de 2012 – 15 de xuño de 2021 ← Luis Moreno Ocampo – Karim Ahmad Khan → | |
Datos persoais | |
Relixión | Islam |
Educación | Universidade Obafemi Awolowo International Maritime Law Institute Escola Xurídica Nixeriana |
Actividade | |
Ocupación | política, diplomática, avogada |
Empregador | ONU Corte Penal Internacional |
Premios | |
Descrito pola fonte | Dictionary of African Biography, |
Fatou Bom Bensouda, nada como Nyang en Banjul o 31 de xaneiro de 1961, é unha avogada gambiana e antiga fiscal da Corte Penal Internacional, que exerceu como Alto Comisionado de Gambia para o Reino Unido dende o 3 de agosto de 2022.[1]
Foi fiscal de xuño de 2012 a xuño de 2021, despois de ter exercido como fiscal adxunta a cargo da División de Acusacións da Corte Penal Internacional de 2004 a 2012. Antes foi ministra de Xustiza e fiscal xeral de Gambia de 1998 a 2000.[2] Tamén ocupou cargos como asesora xurídica e avogada no Tribunal Penal Internacional para Ruanda (ICTR).[3]
O 2 de setembro de 2020, Bensouda foi nomeada "nacional especialmente designada" polo goberno dos Estados Unidos baixo a administración Donald Trump, prohibindo a todas as persoas e empresas estadounidenses facer negocios con ela.[4] O 2 de abril de 2021, o goberno de Joe Biden revogou o EO 13928, eliminando a Bensouda da lista SDN;[5] o secretario de estado dos Estados Unidos, Antony Blinken, emitiu un comunicado na que cualificou as sancións anteriores de "inapropiadas e ineficaces".[6] pero aínda así reiterou que Washington seguirá opoñéndose firmemente a calquera acción da Corte Penal Internacional relacionada coas situacións de Afganistán e Palestina.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Foreign embassies in the UK". GOV.UK (en inglés). Consultado o 2023-01-26.
- ↑ "Gambia's Fatou Bensouda sworn in as ICC prosecutor". BBC News. 15 de xuño de 2012.
- ↑ Farouk Chothia, "Africa's Fatou Bensouda is new ICC chief prosecutor", BBC News, 12 de decembro de 2011.
- ↑ "Blocking Property of Certain Persons Associated with the International Criminal Court Designations | U.S. Department of the Treasury". home.treasury.gov. Consultado o 10 de decembro de 2020.
- ↑ Verma, Pranshu; Simons, Marlise (2 de abril de 2021). "Reversing Trump, Biden Repeals Sanctions on Human Rights Prosecutor". The New York Times. Consultado o 3 de abril de 2021.
- ↑ Blinken, Antony J. (2 de abril de 2021). "Ending Sanctions and Visa Restrictions against Personnel of the International Criminal Court". U.S. Department of State. Consultado o 3 de abril de 2021.
- ↑ "US Lifts Trump's Sanctions on ICC Prosecutor, Court Official". Voice of America. 2 de abril de 2021. Consultado o 18 de marzo de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fatou Bensouda |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- ICC profile Arquivado 8 de xuño de 2013 en Wayback Machine. (en inglés)
- Fatou BENSOUDA profile (en inglés)
- Election of the Prosecutor of the International Criminal Court (en inglés)