Saltar ao contido

Academy of Interactive Arts & Sciences

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Academy of Interactive Arts & Sciences

Tipoorganización e premio de videoxogos Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación1996 Editar o valor en Wikidata
Localización
PaísEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Ligazóns
Páxina WEBinteractive.org Editar o valor en Wikidata
RedesTwitter: Official_AIAS Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

A Academy of Interactive Arts & Sciences (AIAS) é unha organización estadounidense non lucrativa de profesionais da industria do videoxogo. Organiza o encontro anual Design Innovate Communicate Entertain, máis coñecido como D.I.C.E., durante o cal se presentan os premios D.I.C.E. Dende 1998, a Academy of Interactive Arts & Sciences (AIAS) anuncia anualmente o seu "Hall da Fama" dos desenvolvedores de xogos interativos que conseguiron logros revolucionarios e innovadores na industria dos computadores e dos videoxogos.

Interactive Achievement Awards

[editar | editar a fonte]

Os Interactive Achievement Awards (ou IAA's) son os únicos premios anuais baseados no voto que recoñecen os mellores videoxogos, exemplos de entretemento en liña e individuos ilustres que permitiron o avanxe da industria mundial do software de entretemento. Os premios son presentados pola "Academy of Interactive Arts & Sciences" e son determinados polo voto dos membros cualificados de cada campo específico, o que converte aos Interactive Achievement Awards nun dos recoñecementos máis respectados polos creadores de software.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]