F. R. Lavandeira
F. R. Lavandeira | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Fernando Ramón Lavandeira Suárez |
Alcume | F. R. Lavandeira |
Nacemento | 1966 |
Taragoña, Rianxo, ![]() | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | poeta |
Xéneros | Poesía |
Estudos | Educación Social |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Fernando Ramón Lavandeira Suárez, nado en Taragoña (Rianxo) en 1966, é un escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
É Diplomado en Educación Social pola Universidade de Santiago de Compostela e posúe formación de posgrao en Animación Sociocultural (UNED e Universidade Pontificia de Salamanca) e Didáctica Ocupacional (Universidade de Vigo). Traballa como Coordinador da Área de Educación e Cultura do Concello de Rianxo. Asemade é investigador da Universidade de Santiago de Compostela no ámbito da Pedagoxía Social e da Educación Ambiental.
Colabora con La Voz de Galicia, as revistas Leña Verde e Interea-Visual, e co Seminario Internacional de Tradución e Poética (Auliga).
Obras[editar | editar a fonte]
Poesía[editar | editar a fonte]
- Mar que evita o meu regreso, 2000, Edicións do Castro.
- Tempo é de que se saiban, 2006.
- Poemas, 2007.
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- 37 poemas por man propia, 2006, Bourel.
- Voces na Guerra, 2006.
- Voces na materia, 2006.
- A cor dos soños, 2007, Literatura infanto-xuvenil.
- Poetas con Rosalía IV, 2009.
- En defensa do Poleiro, 2010, Toxosoutos.
- 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, 2015, Biblos Clube de Lectores. Poesía.
- Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda, 2017, Alvarellos.
Premios[editar | editar a fonte]
- Accésit do Premio Modesto R. Figueiredo no 2009, por Gaspar Gaspar.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- F. R. Lavandeira na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.