Fórneas, Martín, Baleira
| Fórneas | |
|---|---|
| Parroquia | Martín |
| Concello | Baleira |
| Coordenadas | 43°06′21″N 7°13′49″O / 43.105968148644, -7.2302286931746 |
| Poboación | 0 hab. (2024) |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Fórneas é un lugar da parroquia de Martín, no concello lugués de Baleira. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 estaba deshabitado[1]. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2007 cando tiña 5 habitantes (2 homes e 3 mulleres), e dous habitantes menos que en 2006. Na década de 1950 había censados 11 veciños, cun total duns 70 habitantes.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]No lugar están as minas de Casalusío, explotadas na segunda metade do século XIX. Na Serra está o Forno dos Mouros, aparentemente sen restos arqueolóxicos. Nas súas proximidades está o Pozo dos Lobos, unha trampa para cazar lobos. Na Valiña hai augas férreas.
Festas
[editar | editar a fonte]A festa era o primeiro domingo de xuño, á que adoitaba ir a banda de música da Muíña ou a de Bolaño.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Martín
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Martín no concello de Baleira (Lugo) | |
|---|---|
|
O Casal | Coroto | A Cortevella | A Costa | Coto de Pedra | Fórneas | Landeira | Loureiro | Martín | Mendreiras | Murias | Paradela | As Penelas | O Real | As Salgueiras | San Bernabel | A Xesteira |
Parroquias de Baleira
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2024". www.ige.gal. Consultado o 2025-11-08.